6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación
Solución dos exercicios de autoavaliación
-
Como se pode definir a publicidade?
-
Como unha forma de comunicación persuasiva baseada na divulgación de anuncios -maioritariamente de carácter comercial- co obxectivo de atraer posi-bles compradores, espectadores, usuarios, etc.
-
Que elementos interveñen na publicidade como acto de comunicación?
-
Emisor, receptor, mensaxe, código e canle.
-
Cales son as principais funcións da publicidade?
-
Informativa, económica e financiadora.
-
Cal é o obxectivo básico da publicidade?
-
É o de persuadir ou convencer os destinatarios sobre as calidades dun produto ou dun servizo.
-
As catro regras da linguaxe xornalística son:
-
Claridade, brevidade, obxectividade e orde lóxica na oración.
-
A linguaxe empregada nas noticias ten unhas características definidas e concretas?
-
Os substantivos deben ser concretos, non usar adxectivos valorativos e os verbos en voz activa.
-
Algunhas características da linguaxe xornalística:
-
Frases curtas. Prefírense as oracións simples ás complexas e hai que evitar o excesivo número de nexos.
-
A serie de palabras correctamente acentuada en galego é:
-
Nós, comín, el, débil, comprámolo.
-
Escolla a resposta correcta:
-
Máis leva til cando indica cantidade; dá cando é do verbo dar; el nunca o leva.
-
En que período comeza unha importante transformación no xénero narrativo da épica?
-
Durante a Idade Media.
-
As principais clases de cantigas da lírica galaico-portuguesa son:
-
As de amor, de amigo e maldicir.
-
O trobador:
-
Era de clase nobre e compoñía versos e música.
-
As clases humildes é un sintagma:
-
Nominal.
-
Na poesía medieval en castelán, as dúas escolas principais foron:
-
Mester de clerecía e mester de juglaría.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License