2.4.2 Lectura de textos literarios medievais
-
VERSIÓN ORIXINAL
“A dona que eu am’e tenho por Senhor
amostrade-me-a Deus, se vos en prazer for,
se non dade-me-a morte.
A que tenh’eu por lume d’estes olhos meus
e porque choran sempre amostrade-me-a Deus,
se non dade-me-a morte.
Essa que Vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, a Deus, fazede-me-a veer,
se non dade-me-a morte.
A Deus, que me-a fizestes mais amar,
mostrade-me-a algo possa con ela falar,
se non dade-me-a morte.”
VERSIÓN ACTUALIZADA
A dona que eu amo e teño por Señor
mostrádema, Deus, se vos parece ben,
se non, dádeme a morte.
A que teño por lume destes ollos meus,
e pola que sempre choran, mostrádema, Deus,
se non, dádeme a morte.
Esa que Vós fixestes a de maior beleza
de cantas vin, ai Deus, facede que a vexa,
se non, dádeme a morte.
Ai, Deus, á que me fixeches amar máis,
mostrádema para que poida con ela falar,
se non, dádeme a morte.
Bernal de Bonaval
-
VERSIÓN ORIXINAL
Ai ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.
Ai ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.
VERSIÓN ACTUALIZADA
Ai, ondas, que eu vin ver,
se me soubésedes dicir
por que tarda meu amigo, lonxe de min.
Ai, ondas, que eu vin mirar,
se me soubésedes contar
por que tarda meu amigo, lonxe de min.
Don Dinís
-
VERSIÓN ORIXINAL
Mort’é Don Martín Marcos, ai Deus, se é verdade?
Sei ca se el é morto, morta é torpidade,
morta é bavequía
e morta neicidade,
morta é covardía
e morta é maldade.
Se Don Martinh’é morto, sen prez e sen bondade,
oimais, maos costumes, outro senhor catade;
mais non o acharedes
de Roma ata cidade;
se tal senhor queredes,
alhu-lo demandade.
VERSIÓN ACTUALIZADA
Morreu Don Martín Marcos! Ai, Deus, se será verdade!
Sei que se el morreu, morreu tamén a torpeza,
morreu a estupidez
e estará morta a necidade,
morreu a covardía
e estará morta a maldade.
Se don Martín morreu, sen mérito e sen bondade,
desde hoxe, malos costumes, buscade outro señor;
pero non o atoparedes
desde Roma ata esta cidade.
Se queredes un señor así,
buscádeo noutra parte.
Pero da Ponte
Actividade proposta
Actividades propostas
S10.Lea e analice os textos anteriores e diga que tipo de cantiga é cada un. Xustifique a súa resposta segundo o que aprendeu na parte teórica da unidade
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License