Diga cal é o destinatario ou destinatarios deste anuncio. Razoe a resposta.
Identifique os elementos que forman parte do anuncio e diga cales son: emisor, receptor, mensaxe, código e canle.
Que funcións da publicidade se dan neste anuncio? Razoe a resposta.
Cal é o obxectivo ou finalidade deste anuncio? Razoe a resposta.
Destinatario ou destinatarios do anuncio.
Persoas novas ás que lles guste o mundo da informática xa que o anunciado é dun encontro informático.
Elementos que forman parte do anuncio.
Emisor
Receptor
Mensaxe
Código
Canle
O propio anuncio e o que nel se publicita: un encontro informático.
Persoas novas ás que lles guste o mundo da informática e que estean interesadas en ir a ese encontro.
A mensaxe é subxectiva; depende de como a descodifique cadaquén, pero pode ser: “Ven a este encontro, pois é o máis importante de Galicia. Se che gusta a informática non o podes perder”
Lingua galega e imaxes atractivas.
Texto escrito e imaxes: sentido da vista e emocións do receptor.
Funcións da publicidade que se dan neste anuncio.
Informativa (orienta un posible consumidor), económica (no evento informático pode haber publicidade de marcas e produtos relacionados co tema, hai patrocinadores que están detrás deste encontro, polo tanto, hai uns intereses económicos que poden ser máis ou menos visibles) e financiadora (permite a subsistencia da xente que vai traballar directa ou indirectamente no evento para que este saia ben).
Obxectivo ou finalidade do anuncio.
Animar a xente nova interesada na informática para que participe neste encontro informático.