2.3.2 Revisión das clases de palabras: o verbo (aspectos teóricos)

Aínda que esta parte se explica polo miúdo no apartado de lingua castelá, lembramos algunhas ideas fundamentais sobre os verbos en galego.

O verbo é unha clase de palabras que indica acción, proceso ou estado. É o núcleo do sintagma verbal e sempre funciona como predicado da oración. Na frase seguinte, o verbo saltou indica a acción realizada polo neno.

O neno saltou por enriba do montón de area

O verbo presenta unha serie de variacións mediante cambios na súa terminación:

    • Persoa (primeira, segunda e terceira): saltei (primeira), saltaches (segunda), saltou (terceira)

    • Número (singular e plural): comín (singular), comemos (plural).

    • Modo: expresa a actitude do falante ante a acción que se enuncia.

      • Indicativo (enunciado real). Por exemplo: Leo o xornal todos os días.

      • Subxuntivo (enunciado irreal, posible ou hipotético). Por exemplo: Quizá lea o xornal no casino hoxe.

    • Tempo: pode ser pasado, presente ou futuro. Por exemplo: camiño (presente), camiñei (pasado), camiñarei (futuro).

Dúas características propias do verbo galego é a non existencia de tempos compostos e o infinitivo conxugado.

 

Actividades propostas

Para realizar estas actividades, consulte os modelos de conxugación verbal que aparecen como anexo desta unidade ou un repertorio de verbos galegos. Pode atopar moitos máis exercicios sobre o verbo galego no seguinte enderezo web:

[http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo2.htm]

S5. Poña o verbo que vai entre parénteses no copretérito de indicativo (por exemplo: amaba, tiña, vía, lía...).

 

    • Aquel día (vir) algo bébedo o rapaz.

    • Vós ben (ver)  que vos sería imposíbel.

    • Grazas que  (traer) connosco un fachón!

    • Entón vós  (ser) uns picariños.

    • Aquela tarde ela (pór)   / unhas cintas moi lindas.

    • Encontreino cando(ir)   camiño do instituto.

  

S6. Poña o verbo que vai entre parénteses no antepretérito de indicativo ou pretérito de subxuntivo, segundo corresponda (estivera/estivese; existira/existise...).

  •  Díxome que (FACER) varios recados // Díxome que varios recados.
  • É fácil que xa (existir eses inventos en 1930.
  • Se mo  (dar) a min non se perdería
  • Quen (poder) convosco voar!
  • Xa lle  (dar) o premio Blanco Amor no ano 1983.
  • Eles evitaban que se (falar do asunto.

 

  

S7.Escriba a forma pedida en cada caso.

  • Facer: 6ª, antepretérito

  • Haber: 2ª, presente de subxuntivo haxa

  • Estar: 4ª, pretérito de subxuntivo

  • Dar: 3ª, pretérito de indicativo

  • Haber: 2ª pretérito de indicativo houbeches

  • Dicir: 3ª. presente de indicativo 

  

S8. Encha os ocos coas formas correspondentes do infinitivo persoal.

 

    • Non poñas tantas dificultades para me emprestar o libro.  (ti)

    • Non é tan difícil gañar a partida. (eles)

    • Sen comprar fariña, non poderedes facer o pan. (vós)

    • Ao recoll os cinceiros, rompeu un. (ela)

    • Rebaixáronlles o soldo por faltar moito ao traballo.(eles) [

    • Non se dan posto de acordo para facer unha folga polo convenio. (elas)

  

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License