2.3.3 Que me queres, amor?

O soño de onte, o que facía sorrir cando a sirena da ambulancia abría camiño cara a ningures, era que ela patinaba entre plantas e porcelanas, nun salón acristalado, e viña parar aos meus brazos.

Pola maná, a primeira hora, fora vela ao Hiper. O seu traballo era surtir de cambio ás caixeiras e levar recados polas seccións. Para encontrala, só tiña que a agardar na beira da Caixa Central. E alí chegou ela, patinando con graza polo corredor encerado. Deu medio xiro para frear, e a longa cabeleira morena ondeou ao compás da saia plisada vermella do uniforme.

¿Que fas por aquí tan cedo, Tino?”

Nada”. Fíxenme o despistado. “Veño por comida para a Perla.”

Ela sempre lle facía carantoñas á cadela. Escuso dicir que eu o tiña todo moi estudado. O paseo nocturno de Perla estaba rigorosamente sometido ao horario de chegada de Lola. Eran os minutos máis preciosos do día, alí, no portal do bloque Tulipáns, barrio das Flores, os dous facéndolle carantoñas a Perla. (...)

Manuel Rivas, Que me queres amor? Editorial Galaxia

 

Actividade proposta

Actividades propostas.

S9. Conteste ás cuestións.

    • Neste fragmento dun conto de Manuel Rivas, aparecen dous personaxes. Como se chaman? Onde traballa a rapaza? Quen ten interese por quen?

    • Lembre o estudado na unidade anterior e subliñe os adverbios do texto. Clasifíqueos despois.

    • Busque un adverbio composto e escriba unha expresión que sexa sinónima.

    • Escriba outros adverbios que recorde de cantidade, de afirmación e de dúbida.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License