4.1. Resumo de contidos en lingua galega

Resumo de contidos en lingua galega

Bloque de comunicación oral

A publicidade é unha forma de comunicación baseada na divulgación de anuncios (maioritariamente de carácter comercial), co obxectivo de atraer posibles compradores, espectadores, usuarios, etc.

  • Obxectivo fundamental é convencer o receptor mediante recursos como:

    • Chamar a atención do receptor.

    • Espertar o seu interese (motivar).

    • Crearlle desexo e, consecuentemente, influír sobre a súa conduta.

    • Conducilo á acción (compra do produto).

  • Elementos que interveñen na comunicación:

    • Emisor: quen elabora e transmite a información.

    • Receptor: quen recibe e interpreta esa información.

    • Canle: medio físico polo que se transmite a mensaxe.

    • Código: é un sistema estruturado de signos mediante o cal se constrúe a mensaxe.

    • Contexto: o conxunto de factores lingüísticos e extralingüísticos necesarios para comprender axeitadamente.

  • Funcións e finalidade da publicidade

    • Informativa (orientar o consumidor),

    • Económica (é un dos piares da sociedade de consumo)

    • Financiadora (facilita e permite a subsistencia dos medios de comunicación e de moitas actividades deportivas, artísticas, sociais...).

Bloque de comunicación escrita

Estilo e características da linguaxe nos medios de comunicación: as catro regras da linguaxe xornalística son:

  • Claridade.

  • Brevidade.

  • Obxectividade.

  • Orde lóxica na oración: suxeito + verbo + complementos.

As características da linguaxe xornalística son moi definidas no uso das clases de palabras:

  • Emprego de substantivos concretos e precisos.

  • Emprego de adxectivos valorativos denota subxectivismo por parte do redactor.

  • Recoméndase que os verbos vaian en voz activa e en modo indicativo. Prefírense os tempos en presente para dar sensación de actualidade.

  • Tendencia ao clixé, isto é, á utilización de frases feitas e lugares comúns, que fan máis familiar o estilo para os posibles lectores.

  • As características da sintaxe na linguaxe xornalística:

    • Frases curtas.

    • Poucos nexos.

    • Parágrafos curtos.

Bloque de coñecemento da lingua

Regras de acentuación en galego

  • Palabras agudas (cando a sílaba tónica é a última). Levan acento gráfico ou til cando son polisílabas (máis dunha sílaba) e rematan en vogal, en vogal + n ou en vogal + s.

  • Non levan acento gráfico cando son monosílabasnin cando acaban en ditongo decrecente (seguido ou non de n ou s): amei, amou, seguiu...

  • Graves (cando a sílaba tónica é a penúltima). Levan acento gráfico cando rematan en consoante distinta de –n ou –s.

  • Esdrúxulas: cando a sílaba tónica é a antepenúltima. Levan sempre acento gráfico.

  • Hiatos:acentúanseas vogais i, u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona: acentúo, aínda, baúl, caída, egoísmo.

  • O til diacrítico. Utilízase o til diacrítico para diferenciar na escrita dúas palabras homógrafas (que se escriben igual pero que teñen distinto significado ou función).

Bloque de educación literaria: Introdución á literatura

A lírica galego-portuguesa desenvolveuse na Idade Media, fundamentalmente entre os séculos XII e XIV,[] en galego-portugués. Foi cultivada tamén por poetas doutros lugares da Península Ibérica (como Afonso X o Sabio, autor das Cantigas de Santa María, tamén en galego-portugués).

Dous dos seus xéneros principais, as cantigas de amor e as cantigas de escarnio, teñen a súa orixe na literatura dos trobadores provenzais.

  • Xéneros principais:

    • Cantigas de amigo.

    • Cantigas de amor.

    • Cantigas de escarnio e maldicir.

  • Os cancioneiros: Cancioneiro de Ajuda (c.1280), Cancioneiro Colocci-Brancuti (tamén coñecido como Cancionero da Biblioteca Nacional) e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

  • O monumento máis importante da lírica relixiosa en galego-portugués son as Cantigas de Santa María, de Afonso X el Sabio.

  • Autores máis importantes: Airas Nunes (s. XIII), Bernal de Bonaval (s. XIII), Mendinho (s. XIII-XIV), Martín Codax (s. XIII-XIV), Don Denís.

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License