1 - Introdución
Esta unidade denomínase A publicidade. Dedicaremos a esta unidade o equivalente a 16 horas lectivas. Pode distribuílas como mellor lle pareza pero o recomendable é que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas.
-
Ademais, debe ter en conta as seguintes puntualizacións:
-
A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, separados en dúas partes ben diferenciadas. Ambas as linguas, xunto coa estranxeira, intégranse no ámbito da comunicación.
-
A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de "aspectos teóricos", que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler, comprender e comentar (aparecen precedidos do símbolo &).
-
Os contidos e exercicios van clasificados en bloques ou partes, relacionados con distintos aspectos do estudo da lingua: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria.
-
Logo de rematada a unidade deberá ser quen de:
-
Valorar a importancia que ten a lingua oral como forma de comunicación universal.
-
Realizar textos escritos cunha presentación coidada, utilizando adecuadamente a ortografía e os signos de puntuación.
-
Analizar textos publicitarios dos medios de comunicación escritos, os elementos que se empregan neles e as súas mensaxes explícitas e implícitas.
-
Identificar e recoñecer os elementos formais e algunhas características e convencións da linguaxe nos medios de comunicación.
-
Revisar contidos básicos de ortografía: a acentuación.
-
Revisar as principais clases de palabras: pronomes e verbos.
-
Repasar as diferentes clases de sintagmas.
-
Comprender e analizar o uso das dúas linguas do ámbito nos medios de comunicación.
-
Coñecer os trazos fundamentais da literatura na época medieval.
-
Coñecer a historia da lingua galega e a súa evolución ao longo dos séculos.
-
Compor textos de intención literaria.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License