2.2.2 Movendo masas

A neta de tomás traballa nuns grandes almacéns, e este sábado é o primeiro que toca librar dos últimos meses Normal-mente descansa os mércores e os Luns, pero ela opina que “non traballar eses días é un aburrimento porque todo o mun-do está ocupado” Avisou con tempo nas últimas tres semanas falou co mozo para ver si quería ir ao cine, coas súas ami-gas por si podían ir á tardiña a pasear pola praia, e coa súa familia, por se facían unha cea na casa da aldea –incluindo no menú, como gancho, filloas con codias. todos tiñan plans xa feitos. Chamou aos colegas que tamén libraban e iso que non lle gusta mesturar traballo e ocio, pero nada, ocupados. Lembrouse dun rapaz que coñecera nun curso de contabilidade e que lle propuxera ir tomar algo: “imposible, este sábado non podo”. tentou cambiar o día libre para a seguinte semana, pero “xa sabes que nesta empresa non se cambian as quendas así como así, levas meses pedindo un sábado, agora non se pode cambiar”. Desesperada chamou ao seu avó tomás: “Qué podo facer un dia como o de hoxe se non me gusta o fútbol”

Artigo de Sara Barreiro, Xornal de Galicia, 1 de maio de 2009

Actividade proposta

Actividades propostas

S2. Lea o texto e responda ás cuestións:

    • Corrixa os erros ortográficos e de acentuación do texto.

    • Unha vez corrixido o texto, responda: cal é o seu tema principal?

    • Este texto, é unha noticia ou un artigo de opinión?

    • Reflíctense neste texto as características da linguaxe periodística vistas no texto teórico (2.3)?

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License