Actividades propostas
Actividade proposta
S7 Puntúe as seguintes frases:
- Decatouse de que estaba esgotada levaba toda a mañá andando
- A avogada dixo “responda o acusado!”
- Catro son os puntos cardinais Norte Sur Leste e Oeste
- Na súa casa colocou todas as súas cousas os libros os CD as películas
- Queridos amigos antes de nada quero dicirvos que teño moitas ganas de vervos
- A Xan gústanlle todos os deportes baloncesto montañismo equitación
S8 Poña os signos de interrogación e de admiración que faltan. Teña en conta o emprego das maiúsculas:
- Tráesme un regalo, que estupendo
- Quen dixo esa mentira Vaia trola
- Comiches toda a torta Que larpeiro
- Que dixeron; escoitaches algunha palabra
- Que mágoa ; queríao ver e xa marchou
- Viches, ves coma eu tiña razón no que dixen
S9 Escriba as parénteses que faltan:
-
- O pai de Mercedes naceu en Ribadeo Lugo.
- Daniel Rodríguez Castelao 1886-1950 foi un dos pais do nacionalismo galego.
- A ONCE Organización Nacional de Cegos de España fai un importante labor social.
- O carballo Quercus robur crece moi ben no clima atlántico.
- Antón o meu irmán pequeno sempre refunga á hora do xantar.
- Desde que aprobei a posición 2002, traballo no concello da miña vila.
S10. Coloque nos ocos os demostrativos axeitados (este, ese, aquel...). Cando sexa preciso, utilice as contraccións correspondentes.
-
- Para tarefa non me cómpre trebello, senón outro e mais outros de alá.
- vaiche resultar moi difícil.
- Despois de se decataren de , tiveron que desaparecer casa.
- Eu prefiro , mais é algo máis caro ca
- vídeos están algo pasados de moda, están moito mellor.
- mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña deportivo vermello.
S11. Coloque posesivos (meu, teu, seu...).
-
- Son bos cazadores eses (furóns de ti).
- Aqueles (compañeiros de ti) estiveron por aquí.
- Onte viñeron (avós de min) de Montevideo.
- (tía de ti) é millonaria.
- (esposa del) está doente desde hai un mes.
S12 Encha os ocos usando indefinidos (algún, algunha...).
-
- Traballar para é máis custoso que ter un traballo
- cho contaría, que ti non o sabías.
- Viñeron dúas con amigas.
- D persoas non se pode un fiar.
- que fose, ía laiándose coma un can.
- ten que apandar coas súas obrigas, ou como din coa súa cruz.
S13 Complete as seguintes frases usando numerais ou substantivos colectivos (cen, mil...; dobre, tripla; parella, ducia...).
-
- Antes pagaba 5.000 euros, agora paga 25.000, xusto o
- Os gardas civís e as monxas antes andaban por
- Tiña un rabaño de varios de ovellas, preto das 7.000.
- Teño nove laranxas, se me dás unha terei unha
- Chámase a un conxunto de tres persoas, e a un grupo de catro músicos chamámoslle
- Os ovos adoitan venderse por
S14 Sinale os adverbios e locucións adverbiais e busque sinónimos de cada un.
-
- Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se move, recupera o perdido.
- Como as queres? –Quéroas moi crúas.
- Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues nunca.
- Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que mataba a luz do candil para andar ás apalpadelas.
- Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina sentado á sombra.
- Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás carreiras, logo fáiselles un xuízo xusto e cúmprese a sentenza.
S15 Utilice conectadores copulativos, disxuntivos, adversativos ou ilativos
-
- marchas bótote eu.
- Non estaba canso un pouco adormentado.
- Teño que traballar hoxe iso non vou á praia.
- Xa volve andar ese martelo dálle dálle.
- Dásllo á nai ao fillo, ao que estea na casa.
- Come o pan deixa o compango!
Reforce o aprendido
Pode atopar moitos máis exercicios de morfoloxía, ortografía ou léxico coas correccións correspondentes nos seguintes enderezos:
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License