2.2 RTVE á carta: Historias de Galicia
Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie ten unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.
Para visualizar o vídeo necesita ter acceso a internet. Tamén o pode atopar no seguinte enderezo: [http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-1-onde-o-mundo-se-chama-galicia]
Capítulo 1: Onde o mundo se chama Galicia
Quen podería renunciar a entenderse a si mesmo e a escribir a súa historia? O director da nova serie documental Historias de Galicia, Xosé Manuel Vega, entendeu que si é posible e puxo en marcha esta produción que hoxe estrea a TVG, dirixida a todos os públicos, que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural do país. "Fíxose unha selección daquelas constantes que sempre determinan e expresan a historia de calquera pobo", di Vega.
Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico, e nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie terá unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.
Todos os temas tocados na serie documental son realidades que lles seguen a afectar aos intereses xerais do país e á vida dos galegos, polo que interesa coñecer o pasado usando un método expositivo que permita relacionar os feitos pretéritos coa actualidade.
Este primeiro capítulo de Historias de Galicia relata como os galegos foron habitando o territorio desde o castro á cidade moderna. Pero si algunha forma de asentamento é a nosa propia, esta é a aldea. As aldeas desaparecen hoxe a pasos axigantados e con elas van desaparecer formas seculares de entender a vida, un patrimonio etnográfico, paisaxístico e cultural que levou séculos crear.
Actividades prospostas
S1. Vexa o vídeo proposto no punto 2.2 e responda ás cuestións.
-
- Cal é o tema principal do documental?
- Cal é a entidade de poboación máis común en Galicia?
- Por que eran tan importantes as portas nas cidades medievais?
- Cal é a diferenza fundamental entre as vilas medievais e as novas cidades deseñadas no século XVIII?
- A quen e en que ano lle encargou o Concello de Vigo o plano de ordenación da cidade?
- Cal é o patrimonio que perdemos coa desaparición das aldeas?
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License