4.1 Contidos en lingua galega

Bloque de comunicación oral: a comunicación televisiva e radiofónica

  • A radio é o medio de comunicación baseado na palabra oral, acompañada de música, efectos sonoros e silencios.

  • Persegue informar, entreter e persuadir.

  • Os programas radiofónicos poden ser informativos (noticias), formativos (críticas, faladoiros, debates) e recreativos.

  • A televisión é o medio de comunicación baseado en elementos visuais e auditivos. A televisión utilízase, ao igual que a radio, cunha tripla finalidade: informar, persuadir e distraer.

  • Estes obxectivos acádanse mediante programas de tres clases: informativos (telexornal, documentais...), formativos (debates, entrevistas...) e recreativos (películas, concursos, series...).

Bloque de comunicación escrita

  • Os medios de comunicación dan a coñecer as noticias que se producen cada día e transmítenas a un gran número de persoas. Os principias medios de comunicación son: internet, a prensa, a televisión, a radio, o cine…

  • Os medios de comunicación escritos son os periódicos, as revistas, os periódicos dixitais, o teletexto.

Bloque de coñecemento da lingua

  • Revisión de aspectos básicos da ortografía: a puntuación.

    • O punto: indica unha pausa no discurso. Hai tres clases de puntos:

      • Punto e seguido: sinala que unha oración terminou e que continúa outra seguindo o mesmo tema.

      • Punto e aparte: indica o final dun parágrafo no que se inclúen varias oracións co mesmo tema.

      • Punto e final: marca o final dun texto

    • A coma: sinala unha pausa máis breve que a do punto.

    • O punto e coma: indica unha pausa intermedia entre o punto e a coma.

    • Os dous puntos.

    • Os puntos suspensivos.

    • A interrogación, a exclamación e as comiñas.

    • As parénteses, a raia e o guión.

  • Propomos a realización de exercicios que teñen que ver cos signos de puntuación e coas clases de palabras: demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais e substantivos colectivos, adverbios e locucións adverbiais; conectadores copulativos, disxuntivos, adversativos e ilativos.

Bloque de lingua e sociedade: funcións sociais da lingua

  • Funcións básicas das linguas:

    • Función de identidade: refírese á articulación do pensamento do individuo.

    • Función familiar: permite a relación entre os individuos dunha familia.

    • Función laboral: posibilita a comunicación no mundo do traballo.

    • Función local: favorece os contactos entre persoas dom esmo contorno, como amigos, compañeiros, etc.

    • Función institucional: propicia a comunicación entre o cidadán e os diferentes estamentos políticos, administrativos,etc.

    • Función cultural: serve como medio para expresa re recibir os saberes das ciencias, das arte se da cultura en xeral.

  • As linguas no mundo: situación actual.

    • Linguas hexemónicas: as que gozan dun prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia.

    • Linguas minorizadas: aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións.

    • Linguas minoritarias: Son as que posúen un escaso número de falantes.

  • O conflito lingüístico: bilingüismo e diglosia.

    • Bilingüismo: designa a capacidade que ten unha persoa para se expresar máis ou menos con igual destreza en dúas linguas.

    • Diglosia: prodúcese cando existe un desigual reparto de usos entre variantes dunha mesma lingua ou entre linguas diferentes.

  • Traballamos a argumentación seguindo unha serie de pasos:

    • Presentar as ideas cunha orde lóxica.

    • Partir de premisas fiables, evidentes, que non necesiten xustificación.

    • Apoiarse en argumentos ou datos racionais e veraces.

    • Prever as posibles obxeccións aos argumentos que se apuntan.

Bloque de educación literaria

  • Traballamos con textos literarios de diferentes xéneros.

  • Lemos fragmentos de obras enmarcadas dentro dos principais xéneros literarios.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License