2.3 Os medios de comunicación (aspectos teóricos)

Os medios de comunicación dan a coñecer as noticias que se producen cada día e transmítenas a un gran número de persoas. Os principias medios de comunicación son a prensa, a televisión, a radio, o cine… Na actualidade, internet estase a converter no medio de comunicación universal, porque a través del podemos acceder a todas as informacións e a todos os medios de distracción.

Algúns medios transmiten a súa mensaxe a través da lingua oral, outros acompañan a lingua de imaxes, outros a través da lingua escrita máis imaxes… É dicir, todos eles empregan un mesmo tipo de linguaxe: a linguaxe xornalística.

Entre os que utilizan a lingua escrita podemos diferenciar aqueles que se difunden sobre papel e aqueloutros que o fan a través de medios electrónicos:

  • Xornais diarios: son os máis antigos e habituais. Publícanse todos os días. As noticias agrúpanse en seccións (nacional, internacional, local, deportes, economía, sociedade, cultura...).
  • Revistas: a diferenza dos anteriores, publícanse semanalmente, quincenalmente ou mensualmente.
  • Teletexto da TV: as noticias organízanse en apartados que o lector selecciona mediante o mando a distancia.
  • Xornais electrónicos: xornais editados electronicamente aos que se accede a través de internet.

Actividade proposta

S2. Cal é o medio de comunicación máis empregado por vostede? Por que?

S3. Reúna varios xornais do mesmo día e recolla información acerca dos seguintes aspectos:

    • Cabeceira: nome do xornal, número, ano de edición, prezo, cidade onde se edita, tirada…
    • Número de páxinas e seccións de que consta.
    • Ámbito xeográfico ao que se dirixe (local, comarcal, nacional internacional…).
    • Lingua en que se expresa.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License