6.3. Solucións á autoavaliación
1. Que é a radio?
Medio de comunicación baseado na palabra escrita, aínda que tamén adoita ir acompañada doutras formas acústicas como a música, efectos sonoros e silencios, que contribúen a crear unha determinada ambientación.
Medio de comunicación baseado na palabra oral, aínda que tamén adoita ir acompañada doutras formas visuais como a música, efectos sonoros e silencios, que contribúen a crear unha determinada ambientación.
Medio de comunicación baseado na palabra oral, que tamén adoita ir acompañada doutras formas acústicas como a música, efectos sonoros e silencios.
Medio de comunicación baseado na palabra oral, aínda que tamén adoita ir acompañada doutras formas acústicas como a música, efectos sonoros e silencios, que contribúen a crear unha determinada ambientación.
4
2. Que tres clases de programas se adoitan emitir pola radio?
Informativos, de difusión e recreativos.
Informativos, institucionais e formativos.
Informativos, formativos e recreativos.
Formativos, series de televisión e recreativos.
3
3. Cales son as variantes musicais empregadas na radio?
Sintonía e raxada musical.
Sintonía, raxada musical e efecto sonoro ou flash.
Sintonía e efecto sonoro ou flash.
Raxada musical e efecto sonoro ou flash.
2
4. Que é a televisión?
É o medio de comunicación baseado en elementos visuais e auditivos. Emprega, polo tanto, elementos verbais e non verbais: a palabra oral e escrita, combinada con imaxes estáticas e en movemento, sons e música.
É o medio de comunicación baseado en elementos auditivos. Emprega, polo tanto, elementos verbais e non verbais: a palabra oral e escrita, combinada con imaxes estáticas e en movemento, sons e música.
É o medio de comunicación baseado en elementos visuais e auditivos. Emprega, polo tanto, elementos verbais: a palabra oral e escrita.
É o medio de comunicación baseado en elementos visuais. Emprega, polo tanto, elementos verbais e non verbais: a palabra oral e escrita, combinada con imaxes estáticas e en movemento, sons e música.
1
5. Con que tripla finalidade se utiliza a televisión?
Informar, persuadir e distraer.
Para informar, para difundir mensaxes e para publicitar marcas comerciais.
Informar, estudar e persuadir.
Persuadir, convencer e distraer.
1
6. Que tres clases de programas pode haber na televisión?
Informativos, formativos e de variedades.
Os de adultos, os infantís e os xuvenís.
Informativos, formativos e recreativos.
Informativos, revistas e variedades.
3
7. Que elementos son fundamentais na televisión?
Ter un aparello de televisión cunha pantalla o máis grande posible.
A imaxe e o son.
O son.
A imaxe e o texto escrito.
2
8. Que signo de puntuación equivale á paréntese?
As comiñas.
A raia.
Os dous puntos.
Os corchetes.
2
9. Que signo de puntuación indica cando fala cada personaxe dun diálogo?
O punto.
O paréntese.
A coma.
A raia.
4
10. O núcleo dun sintagma nominal é:
Un adxectivo.
Un nome ou substantivo.
Un determinante.
Unha preposición.
2
11. A concordancia de xénero e número realízase entre:
O adxectivo e o substantivo.
O substantivo e os seus determinantes.
Todos os elementos do sintagma nominal.
O adxectivo e os determinantes.
3
12. Que linguas oficiais se falan en España?
Castelán, catalán, galego, éuscaro e aranés.
Galego.
Éuscaro, galego e catalán.
Castelán e aranés.
1
13. Que é o contacto de linguas?
Son aquelas situacións nas que, por factores económicos, se asentaron dúas ou tres linguas dentro dunha comunidade e acabaron distribuíndose espazos de uso social.
Son aquelas situacións nas que, por factores históricos moi diversos, se asentaron dúas linguas dentro dunha comunidade e acabaron compartindo espazos de uso social entre ambas as dúas.
Son aquelas situacións nas que, por factores históricos moi diversos, se asentaron tres linguas dentro dunha comunidade e acabaron repartíndose espazos de uso social entre ambas as dúas.
Son aquelas situacións nas que, por factores históricos moi diversos, se asentaron dúas linguas dentro de varias comunidades e acabaron completamente illadas unhas de outras.
2
14. Como se pode definir o termo bilingüismo?
Designa a capacidade dunha persoa para se expresar máis ou menos con igual destreza en dúas linguas (bilingüismo individual); en sentido colectivo (bilingüismo social) refírese á comunidade na que se empregan esas dúas linguas.
Designa a capacidade dunha persoa para se expresar máis ou menos con igual destreza en tres linguas (bilingüismo individual); en sentido colectivo (bilingüismo social) refírese á comunidade na que se empregan
Designa a capacidade dunha persoa para se expresar máis ou menos con igual destreza en dúas linguas (bilingüismo social); en sentido colectivo (bilingüismo individual) refírese á comunidade na que se empregan
Designa a capacidade de varias persoas para se expresaren máis ou menos con igual destreza en dúas linguas (bilingüismo individual); en sentido colectivo (bilingüismo social) refírese á comunidade na que se empregan dúas linguas, sendo bilingües boa parte dos seus individuos.
1
15. Cando se dá, nunha sociedade, unha situación de bilingüismo?
Cando non se dá o uso de dúas linguas en condicións de igualdade.
Cando o uso das dúas linguas se leva a cabo en condicións de igualdade.
Cando unha lingua se usa na vida familiar e outra para asuntos profesionais.
Cando só se usa unha lingua.
2
16. Que se dá en Galicia?
Diglosia.
Bilingüismo harmónico.
Monolingüísmo.
Monolingüísmo e bilingüismo harmónico.
1
17. A diglosia prodúcese en Galicia segundo…
Os ámbitos sociais de uso, os espazos xeográficos e os emisores.
Os ámbitos sociais de uso e os interlocutores.
Os ámbitos sociais de uso, os espazos xeográficos e os interlocutores.
Os espazos xeográficos e os interlocutores.
2
18. Que son os adverbios e as preposicións?
Son clases de palabras invariables.
Son clases de palabras variables.
Son dúas clases de palabras, unha delas variable e outra invariable.
Son dúas clases de palabras que cumpren as mesmas funcións sintácticas.
1
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License