6.1 Solucións das actividades en lingua galega
S1.
-
Como os galegos foron habitando o territorio dende os castros ata as cidades modernas.
-
A aldea.
-
Porque nelas se cobraban as alcabalas, impostos que se pagaban por todo o que se compraba ou vendía nas cidades.
-
As rúas das vilas medievais eran estreitas e tortuosas, mentres que na nova cidade ferrolá foron deseñadas en forma de cuadrícula para que o sol puidese dar nas súas rúas e prazas.
-
A Antonio Palacios, no ano 1932.
-
Patrimonio etnográfico, paisaxístico e cultural.
S2. Resposta libre.
S3. Resposta libre.
S4.
-
- O presidente da Xunta entregoulles ás fillas do escritor un exemplar da obra Prosa galega.
-
Feijóo incidiu en que a traxectoria de Carvalho Calero é merecedora de recoñecemento institucional pola súa labor en prol da vida política e cultural de Galicia.
-
A Xunta subliñou nun comunicado o labor de Carvalho Calero no Seminario de Estudos Galegos...
S5. O presidente da Xunta de Galicia, entrégalles ás fillas do escritor homenaxeado un exemplar dun dos seus libros reeditados pola Xunta de Galicia como recoñecemento do labor desenvolvido polo escritor. Este feito vén resaltar a importante contribución de Carballo Calero na redacción do estatuto de Autonomía de Galicia no ano 1936, e a súa participación na reconstrución cultural de Galicia nos anos 50.
S6. Cumprirá buscar en internet a información solicitada e elaborar unha recensión acerca do autor.
S7.
-
Decatouse de que estaba esgotada: levaba toda a mañá andando.
-
A avogada dixo: “responda o acusado!”
-
Catro son os puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste.
-
Na súa casa colocou todas as súas cousas: os libros, os CD, as películas...
-
Queridos amigos: antes de nada, quero dicirvos que teño moitas ganas de vervos.
-
A Xan gústanlle todos os deportes: baloncesto, montañismo, equitación...
-
Cando lle tocou falar dixo sinxelamente: “Moitas grazas a todos”.
-
Hai tres clases de seres: animais, vexetais e minerais.
S8.
-
Tráesme un regalo? Que estupendo!
-
Quen dixo esa mentira? Vaia trola!
-
Comiches toda a torta? Que larpeiro!
-
Que dixeron? Escoitaches algunha palabra?
-
Que mágoa! Queríao ver e xa marchou!
-
Viches? Ves como eu tiña razón no que dixen?
S9.
-
O pai de Mercedes naceu en Ribadeo (Lugo).
-
Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) foi un dos pais do nacionalismo galego.
-
A ONCE (Organización Nacional de Cegos de España) fai un importante labor social.
-
O carballo (Quercus robur ) crece moi ben no clima atlántico.
-
Antón (o meu irmán pequeno) sempre refunga á hora do xantar.
S10.
-
Para esa tarefa non me cómpre ese trebello, senón estoutro e mais aqueloutros de alá.
-
Iso vaiche resultar moi difícil.
-
Despois de se decataren diso, tiveron que desaparecer daquela casa.
-
Eu prefiro iso, mais é algo máis caro que isto.
-
Estes vídeos están algo pasados de moda, eses están moito mellor.
-
Nese mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña aquel deportivo vermello.
S11.
-
Son bos cazadores eses furóns teus/eses teus furóns.
-
Aqueles compañeiros teus estiveron por aquí.
-
Onte viñeron os meus avós/meus avós de Montevideo.
-
A túa tía/túa tía é millonaria.
-
A súa esposa está doente desde hai un mes.
-
Iso é cousa túa.
S12.
-
Traballar para outros é máis custoso que ter un traballo propio.
-
Alguén cho contaría, que ti non o sabías.
-
Viñeron ambas as dúas con outras amigas.
-
Dalgunhas persoas non se pode un fiar.
-
Calquera que fose, ía laiándose coma un can.
-
Cadaquén ten que apandar coas súas obrigas, ou como din algúns coa súa cruz.
S13.
-
Antes pagaba 5.000 euros, agora paga 25.000, xusto o quíntuplo.
-
Os gardas civís e as monxas antes andaban por parellas.
-
Tiña un rabaño de varios miles de ovellas, preto das 7.000.
-
Teño nove laranxas, se me dás unha terei unha decena.
-
Chámase trío a un conxunto de tres persoas, e a un grupo de catro músicos chamámoslle cuarteto.
-
Os ovos adoitan venderse por ducias.
S14.
-
Agora, lonxe, nunca, cedo, despois, de présa.
-
Como, moi.
-
De vagar, preto, demasiado, quizais, non, nunca.
-
Antonte, como, antano, sempre, ás apalpadelas.
-
Tamén, de contado, entre lusco e fusco, alí.
-
Non, tampouco, aquí, ás carreiras, logo.
S15.
-
Ou marchas ou bótote eu.
-
Non estaba canso senón un pouco adormentado.
-
Teño que traballar hoxe por iso non vou á praia.
-
Xa volve andar ese martelo dálle que dálle.
-
Dásllo á nai ou ao fillo, ao que estea na casa.
-
Come o pan e deixa o compango!
S16.
-
O dereito, en Galicia, a ser atendido en galego nas institucións e organismos públicos e as dificultades reais que existen para exercer ese dereito.
-
Resposta aberta, pero as razóns que o alumno ou alumna empregue para concluír se concorda ou non co que se di no texto deben estar correctamente argumentadas.
-
A Mesa pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.
S17. Resposta aberta aínda que o alumno ou alumna debe seguir as pautas expostas no texto 2.9: presentar as ideas cunha orde lóxica, partir de premisas que non precisan xustificación, apoiarse en argumentos ou datos fiables...
S18. Resposta aberta aínda que o alumno ou alumna debe seguir as indicacións que se lle ofrecen e contrastará os resultados co profesor.
S19. Resposta aberta, aínda que se debe facer referencia ao que expón Manuel Rivas: interese dos galegos por saber sempre se un animal é comestible, que lle gusta moito comer en compañía e en plan de igualdade...
S20. Resposta aberta, aínda que cumprirá seguir as indicacións que se ofrecen e contrastar os resultados co profesor.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License