2.4 Textos dos medios de comunicación: a prensa dixital
De seguido imos traballar cun texto extraído dun xornal dixital galego: Xornal de Galicia.
Lea o texto con atención e conteste ás preguntas que se lle formulan.
Actividade proposta
S4. Subliñe as ideas principais deste texto (2.4).
O presidente da Xunta entregoulles ás fillas do escritor un exemplar da obra Prosa galega.
Feijóo incidiu en que a traxectoria de Carvalho Calero é merecedora de recoñecemento institucional pola súa labor en prol da vida política e cultural de Galicia.
A Xunta subliñou nun comunicado o labor de Carvalho Calero no Seminario de Estudos Galegos...
S5. Resuma o seu contido.
Para resumir o contido dun texto podemos preguntarnos: de que trata o texto? Nunhas poucas liñas, de forma breve, exprésanse as ideas fundamentais. As ideas teñen que estar ben redactadas, de xeito fluído e obxectivo, sen xuízos de valor, empregando os conectadores e o vocabulario axeitado.
O presidente da Xunta de Galicia, entrégalles ás fillas do escritor homenaxeado un exemplar dun dos seus libros reeditados pola Xunta de Galicia como recoñecemento do labor desenvolvido polo escritor. Este feito vén resaltar a importante contribución de Carballo Calero na redacción do estatuto de Autonomía de Galicia no ano 1936, e a súa participación na reconstrución cultural de Galicia nos anos 50.
S6. Busque na Wikipedia información sobre este escritor galego.
Cumprirá buscar en internet a información solicitada e elaborar unha recensión acerca do autor.