Uso de contenidos baixo dereitos de autor

 



O uso de contidos dispoñibles na Rede está limitado polas normas de dereitos de autor. Para o ámbito educativo poden reproducirse sen autorización expresa pequenos fragmentos coa finalidade de cita ou ilustración.

Hai que evitar a introdución de artigos, imaxes, ou partes de libros procedentes dun mesmo material orixinal. Isto constituirá unha colección, o que está expresamente prohibido pola lei.

Unha fonte de consulta sobre este tema pode ser un dos módulos do curso Creación, reutilización e difusión de contidos.

 

Imágenes
  • As imaxes están suxeitas a consideracións de dereitos de autor.
  • As imaxes de contidos culturais como cadros, posters de películas etc... entran dentro do dereito de cita. Farase un uso limitado das mesmas sempre incluíndo as referencias correspondentes.

Materiales audiovisuales

O uso dos contidos audiovisuais dispoñibles na Rede terá que seguir as seguintes normas:

  • Farase sempre cita expresa do autor ou autores dos materiais e non se modificará o orixinal, salvo que estas modificacións estén debidamente autorizadas.
  • As ligazóns apuntarán aos materiais orixinais. Só poderán incluirse vínculos a contidos audiovisuais colgados na Rede polos propios autores e que non teñan algunha restrición expresa.
  • Poderán insertarse nos contidos aqueles recursos que os autores ou propietarios de dereitos situaran en webs oficiais, ofrecendo a posibilidade de embebelos. En ningún caso, poderán utilizarse materiais ou fragmentos que foran incluídos en servizos como Youtube ou Vimeo por aqueles que non son os seus propietarios.
  • Se non se conta coa autorización expresa do propietario dos dereitos, os cortes dos vídeos serán de un máximo de 59 segundos.
  • Ligazón e inclusión de audios: nun principio réxense polas mesmas normas. Aqueles materiais que os propietarios dos dereitos de autor colgaran na Rede coa posibilidade de descargarse ou embeberse poderán utilizarse en estes termos.

Textos

A inclusión de contidos escritor procedentes de libros sometidos a protección de dedereitos de turos, artigos de prensa, materiais na Rede... atópanse baixo as mesmas normas xerais de dereitos de autor, cita e ilustración dos que se falaba anteriormente.

Poderán incluírse fragmentos de estas obras aos efectos de ilustración dos distintos aspectos que se traballan en cada materia. Obviamente, será preciso citar a fonte orixinal (obra, autor, traductor, etc...).

Está expresamente prohibido o uso continuado dunha mesma obra como fonte de títulos. No caso dun libro, por exemplo, podemos utilizar un fragmento do mesmo como ilustración para unha actividade pero non podemos incluir unha sucesiń de textos do mesmo ao longo do noso itinerario curricular.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License