Texto libre

Este iDevice utilízase para aqueles textos que serven de transición duns apartados a outros. Estes contidos aparecerán ao rpincipio de cada un dos bloques e en aqueles momentos que se considere preciso. Narrarán partes da historia (ou historias) que conducen e dan sentido a todo o itinerario.

Estes textos aparecerán sempre acompañados de algunha ilustración que respetará o formato correspondente.

 

Exemplo:

Templo de Karnak. Imaxe de Mariano Real Pérez en Flickr
Licenza Creative Commons by-nc-sa

A cultura exipcia sempre me maravillou. Os magníficos templos que construían, como eran capaces de sacar proveito da riqueza que lles proporcionaban os terrenos aledaños ao río Nilo, a súa organización, etc. Tanto me gusta esa cultura que rematei estudiando a súa escritura. Coñécela? Todo o escribían utilizando xeroglíficos.

Na imaxe da dereita podes ver algunhas columnas do templo de Karnak na que aparecen eses xeroglíficos. Durante séculos resultaron moi complicados de traducir ata que se atopou o que poderiamos denominar o diccionario dos xeroglíficos. Non é un diccionario propiamente dito, senón que é unha pedra na que aparece un extenso texto escrito en lingua xeroglífica e en latín. O certo é que, a pesares de atopar o significado dos xeroglíficos, nunca chegaremos a coñecer o son que tiñan ao pronuncialos xa que esta lingua morta non chegou aos nosos días.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License