As tarefas Integradas por Competencias

 

 



As tarefas integradas por competencias supoñen un enfoque metodolóxico no que os alumnos non son simples receptores nin repetidores de contidos. Convértense en protagonistas dunha situación ou contexto de aprendizaxe.

As tarefas pasan a ser o núcleo a través do que debe gravitar o resto de elementos de traballo: contidos, recursos, autoavaliacións, etc...

 


 

Deseñar as Tarefas Integradas Competencias

A tarefa é un traballlo que o alumno ten que realizar e co que demostra a adquisición de competencias e coñecementos.

Débese planificar como a elaboración dun proxecto de traballo, sendo a contrución da produción final o obxectivo principal, por enriba do desenvolvemetno de exercicios individuais.

Estas serían algunhas pautas para a creación das tarefas:

  • Para a resolución da tarefa o alumnado debe comprender os contidos do tema, pero debemos evitar actividades que consistan na repetición de parte dos contidos. Temos que poñer en xogo as competencias básicas ao longo das tarefas da unidade.
  • Debemos partir das experiencias, ideas, concepcións e intereses do alumnado á hora de lixir o tipo, contido e incluso a presentación da tarefa.
  • Un principio básico é que as tarefas sexan variadas ao longo dos contidos. 
  • As tarefas dos diferentes temas deben manter unha certa homoxeneidade, evitando propoñer nuns temas tarefas moi complicadas ou que requiran moito tempo e en outros tarefas sinxelas e moi rápidas, pois desorientamos ao alumno e non sabe a que aterse, nen como organizar o seu tempo.

  • Hai que calcular o tempo de execución e axustalo ás horas das que o alumno dispón.
  • Non deixar as tarefas demasiado abertas. Debemos deixar moi claro o que estamos a pedir ao alumno/a faga. É básico ademáis expoñer os criterios de avaliación
  • Ser multidisciplinares. Varias materias traballan para dar ao alumno as competencias e habilidades que precisa para realizar o proxecto ou resolver a tarefa proposta.

 

Icona de iDevice Modelos de expereiencias educativas con TICs

O modelo de Tarefas Integradas por Competencias é o suficientemente flexible como para permitr case calquera enfoque didáctico. Hai múltiples deseños que poden recoller tarefas de este tipo. No apartado inferior aparecen algúns exemplos desta experiencia didáctica.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License