Referencias a contidos abertos
Unha vez atopado o recurso (imaxe, son, texto, vídeo, etc.) susceptible de ser incluído nos nosos contidos, debemos facer a súa referencia debidamente. Para isto, debemos citar a súa orixe, a autoría e a licenza pola que se distribúe o recurso.
As citas situaranse sempre debaixo do recurso e aun corpo de letra 1 (8 pt).
Todos estes materiais levarán incluída debaixo a referencia. Esta información aparecerá no tipo de letra 1 (8 pt) nunha fila debaixo da imaxe. A referencia seguirá un de estes dous formatos:
- Título do recurso (en cursiva). Imaxe de (autor coa ligazón) en (ubicación). Licenza Creative Commons baixo a que se ofrece o contido.
- Título do recurso (en cursiva). Imaxe en (ubicación na web) de (autor coa ligazón á ubicación da Rede), licenza Creative Commons baixo a que se ofrece o contido.
Ejemplo
Supoñamos que atopamos unha imaxe, publicada polo CeDeC en Flickr con Licenza Creative Commons, adecuada e queremos incluíla nos nosos contidos dende a súa URL (http://www.flickr.com/photos/70768379@N05/6959363198/)
Unha vez que descargamos e insertamos a imaxe no noso recurso, teriamos que seguir como modelo un dos exemplos que aparecen a continuación.
Ejemplo 1
|
Exemplo 2
|
Referencia de contenidos de Wikipedia
A enciclopedia Wikipedia inclúe a ferramentas "Citar este artigo" que permite xerar citas dos textos extraídos da mesma. Utilizaremos o modelo de cita ISO ou APA.
Exemplo: cita dun artigo sobre o software libre O software libre (en inglés free software, aínda que esta denominación tamén se confunde ás veces con "gratis" pola ambigüedade do termo "free" no idioma inglés, polo que temén se utiliza "libre software" e "logical libre") é a denominación do software que respecta a liberdade dos usuarios sobre o seu producto adquirido e, polo tanto, unha vez obtido pode utilizalo, copialo, estudialo, modificalo e redistribuílo libremente. Segundo a Free Software Fundation, o software libre refírese á liberdade dos usuarios para executar, copiar, distribuír, estudar, modificar o software e distribuílo modificado. Referenza con Estilo ISO Colaboradores de Wikipedia. Software libre [en líña]. Wikipedia, A enciclopedia libre, 2012 [fecha de consulta: 17 de mayo del 2012]. Dispoñible en <http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Software_libre&oldid=56193761>. Referencia con Estilo APA Software libre. (2012, 15 de maio). Wikipedia, A enciclopedia libre. Data de consulta: 14:58, maio 17, 2012 dende http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Software_libre&oldid=56193761.
|
Citas de textos e contidos na web
Os textos obtidos de páxinas web, blogs e outras publicacións deben contar coa súa referencia.
Existen varias ferramentas que permiten a creación de citas que logo só teñen que ser pegadas nos nosos contidos. Entre elas, podemos citar a extensión Zotero.
Exemplo: artigo sobre software libre publicado na edición electrónica de El País Este nadal, as 1.200 tendas da Asociación Española de Pequnas e Medianas Empresas de Informática e Novas Tecnoloxías (Apemit) informarán aos seus clientes sobre o software libre, os ordenadores máis compatibles con este e como reclamar o importe do Windows que ven preinstalado na maioría de eles. Estas tendas son parte da última milla, onde a persoa merca ordenadores case sempre co sistema operativo Windows. Ata agora, os linuxeros atopaban nas tendas un tajante: "Non damos soporte para o teu software". Referencia con Estilo APA País, E. E. (2007, outubro 18). As tendas de informática venden «software» libre. EL PAÍS. Recuperado a partir de http://elpais.com/diario/2007/10/18/ciberpais/1192674266_850215.html
|
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License