Reforzo e ampliación

 


Os materiais de reforzo e ampliación son independentes do resto da unidade. Pretenden ofrecer un recurso para o repaso dos principais contidos abordados.

Características

  • Serán materiais independentes do resto dos que forman a unidade didáctica que terán a mesma estrutura para todas as unidades.
  • O traballo de reforzo e ampliación realizarase mediante pequenas tarefa, actividades e unha batería de preguntas de resposta curta.
  • Incluiranse dous tipos de materiais: un interactivo e outro en arquivo de texto imprimible.

Material interactivo

Características

Este apartado final permítenos facer un traballo específico con dous tipos de alumnos: aqueles que precisan volver sobre algúns aspectos da unidade didáctica e aqueles outros que poden profundizar aínda máis. 

Formato

  • Un só arquivo para os dous apartados. Compoñerase dun material base sobre o que se realizarán diversas actividades para cada unha das dúas liñas de traballo: reforzo e ampliación.
  • Este arquivo estará realizado con algún dos tres editores de contidos educativos: Cuadernia, Constructor e Edilim.
  • Nembargantes, poderán realizarse dous materiais distintos (un de reforzo e outro de ampliación) en aquelas unidades nas que se considere preciso.

Material imprimible

Objetivo

Que o alumno repase os contidos traballados durante a unidade didáctica e fixe a súa atención nos elementos esenciais da mesma. Tamén debe servir de recurso para que poida integrarse no repaso de varias unidades didácticas.

Estrutura

Un arquivo de texto. 30 preguntas pensadas como repaso de contidos. Incluiranse tres tipos de preguntas:

  • Resposta curta (10 – 15 por U.D.)
  • Verdadeiro falso (ao menos 5)
  • Opción múltiple (ao menos 5)

 

Formato

Dos arquivos de texto: un en formato .odt (para que o profesor poida editar e adaptar as preguntas propostas) e outro en .pdf

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License