Guía para la creación de materiales educativos interactivos
Tipografía
En ningún caso utilizarase ningún tipo de tamaño de texto, nin de fonte, nin de cor diferente á que por defecto aparece en eXe Learning. En caso de redactar previamente o texto nun procesador, é obrigatorio pasar o mesmo polo bloc de notas para limpar todo o estilo aplicado.
Negrita
- O uso de negriña para resaltar palabras clave, conceptos fundamentais ou breves ideas de importancia axuda á comprensión dos textos e facilita a súa lectura.
- Pola contra utilizarase con moderación.
Cursiva
- Os neoloxismos, os préstamos de outras linguas e as palabras que se utilizan en sentido figurado van en cursiva, sen comillas.
- Os títulos de programas, libros, revistas, periódicos, obras de teatro, cadros, cancións, etcétera, póñense en cursiva sen comillas. Exemplo: El País, O cadro La maja desnuda de Goya, os artigos publicados en El Mundo.
"Comillas"
- Utilízanse únicamente para as citas textuais.
- Utilizaranse sempre as comillas inglesas ("...").
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License