As tarefas nos Recursos do CeDeC
As tarefas aparecerán ao longo de tódalas unidades didácticas. Terán sempre un mesmo formato e deberán ser: multidisciplinares, variadas e baseadas en diferentes metodoloxías.
Distribución
As tarefas aparecerán ao longo de tódalas unidades didácticas. Distinguiremos tres tipos e/ou momentos de tarefas:
Tarefas iniciaies. Darán comezo a cada unidade didáctica. Partirán dunha pequena historia inicial e servirán para prantexar o traballo da unidade e enlazar este co xa aprendido.
Tarefas de contidos. Que formarán parte do traballo da unidade didáctica. Será a resolución destas tarefas a que guiará o traballo cos itinerarios.
Tarefas finales. Culminación da unidade didáctica. O seu resultado servirá para avaliar o aprendizaxe obtido. Poderá haber unha ou dúas tarefas finais por cada unidade didáctica.
Estrutura
- Introdución. Un texto breve que motive aos alumnos e conecte a tarefa cos coñecementos que xa ten.
- Descrición da tarea. Este apartado explicará cal é o traballo ou producto que se pide na tarefa. Tamén incluirá as instrucións para o desenvolvemento do traballo e toda a información que o alumno precise.
- Presentación de la tarea. No que se explique como os alumnos publicarán o traballo realizado. Onde poñerán o texto, cando farán a exposición oral...
Tipos de tarefas
As tarefas incluidas nos itinerarios deben incluir unha variedade de traballos, proxectos e productos educativos. Cada asignatura requerirá de algúns tipos de tarefas específicas. Nembargantes, podemos facer unha lista de tipos de tarefas que deben aparecer ao longo dos itinerarios:
- Tarefas escritas: redación de textos de opinión e pequenos ensarios; resumo de algunhas tarefas ou actividades realizadas na clase, comentario de textos literarios e noticias, resumos, resolución de problemas.
- Tarefas orais: exposicións de pequenos contidos, explicación de tarefas desenvolvidas na clase, resumo de contidos culturais (películas, libros, textos), diálogos con outros compañeiros e co profesor.
- Tarefas con apoio tic: deseñoo e mantemento dun blogue persoal, creación de posters interactivos, redacións de correos electrónicos, creación de presentacións, grabación e edición de materiais audiovisutias, creación de textos co procesador.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License