Orientacións do profesorado.
Os docentes deben ter unha información útil e completa sobre aspectos básicos dos itinerarios: a súa estrutura, a metodoloxía na que se basean e como poden utilizar e adaptar os materiais.
Contidos de este apartado
Organización
Neste apartado darase ao profesor unha explicación xeral acerca de como se organizan os materiais do Itinerario Curricular:
- Número de unidades didácticas e nome das mesmas.
- Organización dos contidos: qué unidades didácticas corresponden a cada bloque do currículo.
- Estrutura das unidades didácticas: grandes apartados que aparecen.
- División dos contidos.
Metodoloxía
Neste punto ofrécense unhas orientacións xerais sobre a metodoloxía que se segue neste material:
- Información global sobre la metodoloxía por tarefas: características, principios teóricos e metodolóxicos.
- Información específica para o itinerario concreto: cómo se incluíu e aplicou a filosofía da avaliación por tarefas.
Temporalización
Haberá que incluir:
- Número de horas globais que ocuparía o itinerario.
- Número de horas propostas para cada unidade.
- Número de horas para cada elemento da unidade (historia e tarefa inicial, traballo de contidos, tarefa final, reforzo e ampliación).
Uso e modificación
Neste apartado incluirase a información sobre os requisitos para o uso e distribución dos materiais que forman o itinerario curricular:
Os contidos específicamente creados para o CeDeC: texto e imaxes. Todas baixo licencia Creative Commons by-nc-sa.
Os referidos a aqueles contidos obtidos baixo unha licenza Creative Commons ou aqueles outros que foran cedidos para o uso específico nestes materiais.
Ofrécese un texto base que podería servir de modelo.
"O itinerario curricular (aquí nome da materia) para (aquí curso) é un material elaborado polo Centro Nacional de Desenvolvemento Curricular en Sistemas non Propietarios. Ten unha licenza Creative Commons by-nc-sa 3.0 o que implica que calqueira docente pode modificar o mesmo a partir dos códigos-fonte")
O único condicionante é que estas ampliacións ou modificacións sexan comunicadas e enviadas ao CeDeC para incluílas dentro do banco de recursos do mesmo. O obxectivo final é que, ademáis deste itinerario inicial, tódolos profesores poidan beneficiarse das melloras introducidas."
Formato
- Faise con eXe Learning, e entrégase un arquivo independente, en formato .elp
- A súa extensión será de unha pantalla.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License