Tarefa final

 

 

A tarefa final é a culminación e o mecanismo de avaliación final da unidade didáctica. O seu obxectivo será que os alumnos elaboren "produtos educativos" diversos: material oral, escrito, interactivo a través do que se demostre o grado de adquisición dos contidos traballados.

Estrutura e características

Terá sempre tres elementos.

  • Introdución: elaborada co iDevice Texto libre. Será un texto de dous parágrafos no que se fará un resumo dos contidos da unidade e que enlazará estes coas tarefa propostas. Este texto deberá, tamén, servir para motivar aos alumnos.
  • Tarefas: cada Tarefa final conterá dúas ou tres propostas de tarefas para os alumnos. Realizaránse cos iDevices Tarefa (Para a maioría das actividades) ou Actividade de lectura (cando o traballo proposto parta de algún texto"). En calqueira caso, a estrutura e contidos das tarefas respetarán as normas xerais establecidas para estas.
  • Ligazóns complementarias: unha listaxe de ligazóns, a través das que os alumnos poderán profundizar e coñecer aspectos complementarios de tódolos contidos da unidade. Crearase co iDevice Na Rede.

 

Formato

  • Faixe con eXe Learning, e entregarase nun arquivo independente, en formato .elp. A extensión máxima será de catro pantallas.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License