Guía para la creación de materiales educativos interactivos
Comproba o aprendido
Objetivos
- Manter a atención do alumno e evitar a lectura mecánica.
- introducir ou desenvolver contidos. Pódense explicar conceptos comezando por unha autoavaliación e desenvolvelos a través da retroalimentación.
- Facer reflexionar ao alumnado sobre alguna cuestión.
- Aportar interactividade á aprendizaxe en xeral e ao material en particular.
- Promover a participación activa do alumnado.
- Comprobar se o alumno comprendeu algún recurso.
Estrutura
- Para elaboralo recúrrese a diversos tipos de iDevices en función do tipo de autoavaliación que prantexemos; iDevices de preguntas (verdadeiro-falso / elección múltiple / selección múltiple) o iDevice Espazos en branco e o iDevice Exame scorm.
- En cada apartado debe existir, ao menos, unha autoavaliación.
- A retroalimentación é imprescindible como parte da autoavaliación e, polo tanto, debe detallarse.
- Deben ir distribuidas polos apartados, non teñen por que ir ao final a modo de preguntas finais.
- Non importa que sexan cuestión moi evidentes, pois a finalidade é que o alumno/a faga unha lectura comprensiva.
- Os temas de maior dificultade deberían contar con maior número de autoavaliacións
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License