Guía para la creación de materiales educativos interactivos
Contidos
No transcurso da unidade, incluiranse algunha chamadas de atención ("Recorda o aprendido") que permitan remarcar aqueles elementos fundamentais da unidade didáctica. Incluiranse tamén enlaces externos ("Na Rede") para ofrecer a posibilidade de ampliar coñecementos e algunhas lecturas complementarias ("lectura") que completen a visión dos diferentes temas.
Obxectivos e características
- Desenvolver os contidos e competencias que forman o núcleo da unidade didáctica.
- Preparar aos estudantes para a resolución da tarefa final.
- Ofrecer ao alumno recursos e materiais que poidan servirlle para organizar, de xeito autónomo, a súa aprendizaxe.
Estrutura
- Introdución: co mesmo título da unidade. Incluirá unha ilustración e un texto literario relacionado co contido da unidade.
- Contidos: dividido en catro apartados. Cada un de eles corresponderá a un dos bloques de contidos do currículo oficial.
Formato
- Faise con eXe Learning, e entrégase nun só arquivo en formato .elp
- Contén material multimedia explícitamente sinalado.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License