Laboratorio de Té Kombucha
Materia: Bioloxía e Xeoloxía
Descrición: Contido virtual que permite comprender o proceso de cultivo do té kombucha, paso a paso, así como as súas aplicacións prácticas e creativas. Contén dous laboratorios nos que se pode expor ao cultivo a tres temperaturas distintas (16 ºC, 18 ºC e 22 ºC), comprobando os cambios producidos ao longo de dez días na súa masa e no seu pH, respectivamente, para poder extraer, finalmente, conclusións aplicando o método científico.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas
- Laboratorio virtual
- Animacións
Número de sesións estimadas: 2.
Aclaracións:
- Os datos empregados neste laboratorio proceden da investigación e da recollida de datos de cultivos de Kombucha reais por parte de docentes nos laboratorios dos seus centros educativos.