Funcións. Da gráfica á expresión
Materia: Matemáticas.
Descrición: Contido dinámico que permite ao alumnado comprender, de forma intuitiva e clara, o funcionamento e a lóxica interna das gráficas, así como a identificación dos valores que a compoñen e a súa operativa para coñecer a función que a representa.
A través dunha narrativa na que terá que liberar unha horta da praga de tres especies de toupas, o alumnado poderá traballar as gráficas de funcións constantes, afíns e exponenciais (cuadrática ou parábola). Paso a paso e de forma intuitiva extraerán os puntos representados nos eixes de coordenadas para crear a táboa de valores e identificar a expresión alxébrica correspondente, empregando ditos valores.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas
Número de sesións estimadas: 1.
Outras características:
- Exercicios aleatorios (valores para todos os coeficientes das funcións).
- Gráficas automáticas.
- Feedback automático para coñecer a función da gráfica representada.
- Resumo final de cada función dispoñible para descarga.
Contidos relacionados: