Funcións. Da expresión á gráfica
Materia: Matemáticas
Descrición: Contido dinámico que permite ao alumnado comprender, de forma intuitiva e clara, o funcionamento e a lóxica interna das funcións alxébricas, así como a identificación de cada función e a súa operativa.
A través dunha narrativa na que terá que liberar unha horta da praga de tres especies de toupas, o alumnado poderá traballar as funcións constantes, afíns e exponenciais (cuadrática ou parábola) observando como se substitúen os valores que escolla na función e trasladándoos a unha táboa de valores. Por último, trasladará os puntos da táboa aos eixos de coordenadas para construír a gráfica da función.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas
Número de sesións estimadas: 1.
Outras características:
- Exercicios aleatorios (valores para todos os coeficientes das funcións).
- Cálculos automáticos.
- Feedback automático para a creación das gráficas das funcións.
- Resumo final de cada función dispoñible para descarga.
Contidos relacionados: