Cálculo de volumes. Cociña Xeométrica
![Ilustrativo. Cocina geométrica](/sites/default/files/styles/large/public/imaxes/recursos/MATES2-Cocina.jpg?itok=zl8dUpkU)
Materia: Matemáticas
Descrición: Contido dinámico que permite iniciar ao alumnado no cálculo de volumes das figuras xeométricas a través da elaboración de comidas con formas xeométricas, seguindo paso a paso a súa receita para comprender o proceso de cálculo de volumes.
Trabállase as fórmulas matemáticas, os elementos das figuras que interveñen no cálculo e as unidades para os seguintes corpos xeométricos: prisma triangular, prisma pentagonal, prisma hexagonal, pirámide cuadrangular, cono, cilindro e esfera.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas.
- Escenarios interactivos.
Número de sesións estimadas:
- 1º e 2º ESO: de 2 a 4.
- 3º ESO: 1 ou 2.
- Tamén se pode dedicar parte dunha sesión a cada receita, dedicando parte de 7 sesións.
Outras características:
- Exercicios aleatorios (valores que interveñen no cálculo de volumes).
- Cálculos automáticos.
- "Receita" final do cálculo de volume dispoñible para descarga.
- Vídeo-titorial de uso.