De puente a puente

Visto: 293 veces
Votos
Media: 5 (5 votos)

28/08/2025

Portada do REA7 para a materia de Matemáticas de 2º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe propón ao alumnado explorar o patrimonio galego relacionado coa auga (muíños, balnearios, pontes, termas, canles, regadío) como contexto para a aprendizaxe de conceptos xeométricos e de medida. O REA ten como obxectivo principal que o alumnado adquira e consolide coñecementos do currículo de 2º de ESO sobre unidades de medida, lonxitudes e áreas a través da posta en valor de construcións relacionadas coa auga: muíños, balnearios, pontes, termas, canles, regadío etc. Trabállanse especialmente o sentido da medida (cálculo de lonxitudes e áreas), o sentido espacial (representación gráfica e interpretación de planos) e o sentido socioafectivo (traballo cooperativo, respecto polo patrimonio). As alumnas e os alumnos investigarán construcións reais da súa contorna, analizarán as figuras planas e compostas presentes nas súas estruturas, e aplicarán fórmulas de cálculo de áreas en contextos auténticos.

O reto principal consiste en poñer en valor o patrimonio hidráulico da contorna mediante a elaboración dun informe de restauración dunha construción relacionada coa auga (muíño, ponte, balneario) situada nun río próximo ao centro ou á vivenda do alumnado. Cada equipo deberá seleccionar unha construción real, xeolocalizala e documentar a súa historia, realizar unha análise xeométrica da súa estrutura (identificación de figuras, cálculo de áreas), e redactar o informe técnico coas conclusións e propostas de intervención.

Guía didáctica

De puente a puente

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (5 votos)
2025-08-28
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego