Estatística e probabilidade

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 4 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Dedícase esta unidade ao tratamento básico dos datos estatísticos, ás súas formas de representación gráfica usando o computador e ao cálculo de parámetros de centralización e dispersión. A frecuencia relativa permite inducir o concepto de probabilidade e a regra de Laplace.

 

A Terra en continua evolución

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 3 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade analízanse os efectos dos axentes xeolóxicos externos e internos na formación do relevo, a tectónica de placas e o ciclo das rochas. A existencia de fósiles introduce a cuestión da evolución das especies e as teorías que intentan explicala. As redes tróficas nos ecosistemas e a súa xestión sustentable completan a unidade didáctica.

Funcións lineal e afín. Ecuacións de primeiro grao. Cinemática

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 7 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Analízanse os movementos uniforme e uniformemente acelerado, e vese a necesidade de ensinar as representacións da recta lineal e afín, e de resolver ecuacións de primeiro grao.

A organización do corpo humano: nutrición, saúde e doenza. A actividade física

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 5 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade trátanse os contidos relacionados co nivel de organización dos seres pluricelulares, dende o a célula ata os sistemas e aparellos, os aparellos implicados na función de nutrición, a alimentación, a dieta equilibrada e os trastornos alimentarios. Remátase co estudio da saúde e a doenza así como da importancia da práctica do exercicio físico.