A Terra en continua evolución
Unidade didáctica 3 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade analízanse os efectos dos axentes xeolóxicos externos e internos na formación do relevo, a tectónica de placas e o ciclo das rochas. A existencia de fósiles introduce a cuestión da evolución das especies e as teorías que intentan explicala. As redes tróficas nos ecosistemas e a súa xestión sustentable completan a unidade didáctica.
Ámbito Científico-Tecnolóxico