Ecuacións de segundo grao. Sistemas de ecuacións
Unidade didáctica 1 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade abórdase: o estudo das funcións cuadráticas (características e representación gráfica) en relación co número de solucións das ecuacións de segundo grao, a resolución de ecuacións de segundo grao completas e incompletas e os métodos de resolución de sistemas de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas, incluíndo o método gráfico, e os casos de compatibilidade e incompatibilidade que poidan existir.
Ámbito Científico-Tecnolóxico