Números racionais. Mesturas e disolucións

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 2 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade afóndase na práctica das operacións con fraccións e decimais iniciada no módulo 1. Na parte de química trátanse as mesturas de substancias, as técnicas de separación e a expresión da concentración das disolucións, sen usar aínda a idea de mol.

A célula e a información xenética

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 1 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade afonda no estudo da célula, dos orgánulos que a compoñen e das funcións que realizan. Descríbense os dous tipos de división celular, mitose e meiose, e as funcións dos cromosomas na herdanza de caracteres. Remata a unidade cun achegamento ás técnicas de enxeñaría xenética, cun debate coas súas repercusións.

O medio natural: ecosistemas. Funcións e estatística

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 8 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Na primeira parte da unidade trátanse as relacións entre os seres vivos e entre estes e o medio en que se desenvolven, é dicir, o estudo dos ecosistemas.
Na sección de matemáticas, os contidos xiran arredor da interpretación e construción de  gráficas, así como da representación de funcións dadas por medio de expresións alxebraicas sinxelas.

A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 5 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade estúdanse os principais fenómenos que acontecen na superficie terrestre debido á estrutura e á enerxía interna da Terra: sismos, volcáns, formación de montañas, deformación dos materiais, etc. Descríbense os procesos de formación e transformación das rochas.

Luz e son. Ecuacións

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 4 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Estúdanse a orixe, a natureza e a propagación da luz e do son e as súas propiedades comúns, por seren ambos fenómenos de natureza ondulatoria, realizándose experiencias con espellos e lentes, para analizar feitos como a reflexión e a refracción da luz. 

Calor e temperatura. Álxebra

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 3 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade céntrase no estudo da calor como forma de transferencia de enerxía térmica entre corpos así como os seus efectos, en especial os cambios de estado de agregación, os efectos da calor sobre os seres vivos e as adaptacións destes aos cambios de temperatura.

A enerxía e as súas fontes. Porcentaxes e aplicacións

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 2 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Continuación dos contidos da Unidade didáctica 1 do módulo 2, referidos á enerxía (fontes de enerxía, renovables e non renovables, repercusións no medio ambiente,...); remata o bloque con algúns datos sobre a produción, o transporte e o consumo de enerxía en Galicia.

A enerxía. Razón e proporción

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 1 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
A enerxía, formas e propiedades. Na segunda parte da unidade trátanse as proporcións numéricas, magnitudes inversa e directamente proporcionais, regra de  tres, reparticións proporcionais, etc.