Funcións de relación e de reprodución
Unidade didáctica 6 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade continúase co estudo das funcións que caracterizan os seres vivos. Na primeira parte estúdase a función de relación no ser humano, feita en tres etapas: recepción dos estímulos (órganos receptores), integración da información e elaboración dunha resposta axeitada (órganos coordinadores) e resposta ante o estímulo (órganos efectores). Na segunda abórdanse a reprodución e a sexualidade, con descrición dos aparellos reprodutores e o proceso fisiolóxico da reprodución.
Ámbito Científico-Tecnolóxico