English Across the Curriculum I (unit1): At school

Visto: 0 veces
2014-04-14

Este recurso pertence a un conxunto de UDIs que engloban contidos propios das áreas de Lingua Inglesa, Literatura, Xeografía e Ciencias Naturais e que se abordan dende as catro destrezas necesarias para a adquisición dunha lingua estranxeira (Reading, Writing, Listening e Speaking) así como conceptos máis propios de temas transversais como o traballo en equipo

A pesar de todo, quérote

Visto: 0 veces
2014-02-20

Aula virtual que inclúe en streaming o telefilme “A pesar de todo, quérote” do director Jorge Algora, e unha unidade didáctica con propostas de traballo baseadas na película sobre educación viaria, educación emocional e educación para a saúde. Pulsando “visualizar” accédese á unidade na Aula Aberta Abalar. O acceso en aberto ao filme pódese facer desde calquera ordenador de calquera centro público de Galicia. Por outra banda, se pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual do voso centro.

Picasso: Un neno pintor na Coruña

Visto: 0 veces
2014-02-18

Este material curricular dixital interactivo pretende achegar ao alumnado galego a figura de Picasso na súa adolescencia galega, nos anos que o incipiente artista pasou na Coruña, desde 1891 a 1895. Picasso chega á Coruña con 10 anos recién cumpridos (de feito, probablemente os fixera no barco que o traía de camiño), e aquí pasa os anos decisivos da súa adolescencia.

Estamos de magosto

Visto: 0 veces
2014-01-13

Unidade didáctica sobre o tema do “Magosto en Galicia”: A castaña como alimento básico, a súa importancia histórica; variedades segundo a calidade ou tamaño; a tradición , costumes e celebración do magosto; o seu significado,... As actividades que acompañan a esta Unidade Didáctica están feitos coa suite de programas de “Hot Potatoes”.