| Título |
Foliada virtual |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Música de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe céntrase na análise, interpretación e difusión de contidos musicais e dancísticos, con especial atención á música e danza en Galicia, desde o tradicional ata a actualidade, e á experiencia da música en vivo. O alumnado investigará, escoitará e analizará diferentes pezas, interpretará e bailará repertorio variado e organizará a información de maneira estruturada, desenvolvendo habilidades musicais, creativas e de traballo en grupo. De forma complementaria, traballaranse nocións básicas de texturas e formas musicais para apoiar a comprensión das obras. O alumnado terá como reto crear vídeos de carácter didáctico nos que presentan cancións e danzas realacionadas co folclore, amosando as súas características principais e a súa forma de interpretación. |
| Persoas elaboradoras |
Beatriz Alonso Pérez-Ávila Efraím Díaz Vázquez Gracia Rodríguez Blanco |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Foliada virtual"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
