A nosa foliada

Agora que xa sabes o que é unha foliada hai que poñer mans a obra. Tés que aprender todo o que poidas sobre a música e danza tradicional galega e facer un traballo de campo xa que vos encargaron facer unha serie de titoriais en vídeo para que rapaces de fóra de Galicia poidan aprender e montar unha foliada en condicións.
O voso cometido consiste en aprender e seleccionar o repertorio que consideres máis atractivo e que mellor represente a cultura galega, explicándoo dun xeito aberto e acolledor para que calquera persoa poida sentirse parte desta tradición.
E despois deste traballo... quen sabe? Igual animádesvos a organizar a vosa propia foliada e convertela nun espazo de encontro onde todas as persoas sumen.
Foliada virtual
Investigar o noso folclore
- Exploraredes cancións e danzas do folclore galego.
Recoller folclore
- Buscaredes pezas tradicionais, bailes ou lendas.
Escoller un repertorio e ensaiar
- Escolleredes varias pezas entre danzas e cancións de diferentes xéneros.
- Adaptaredes os pasos, ritmos, melodías e estruturas como máis vos guste.
- Ensaiaredes o repertorio e faredes un guión que sirva coma titorial para outros rapaces.
Gravar as pezas
- Ao final gravaredes o repertorio e as explicacións para que outros poidan aprender de vós.
Lectura facilitada
Agora xa sabes que é unha foliada.
Imos aprender sobre a música e o baile tradicional galego.
Buscarás cancións e danzas galegas.
Escollerás algunhas pezas.
Despois ensaiarás e prepararás unha explicación.
Ao final gravarás un vídeo
para que outras persoas aprendan como facer unha foliada.
Foliada virtual
Investigar buscando música e danzas galegas.
Recoller para atopar pezas tradicionais.
Escoller, ensaiar e practica.
Gravar e explicar para que outras persoas aprendan.
