Saltar navegación

4. Gravando e creando

Retomando o reto

Baile dunha muiñeira no XXXIX día da Muiñeira de Pontevedra


 Ata agora fixestes unha pequena recollida de folclore e aprendestes sobre diferentes xéneros da música tradicional galega. Tamén practicastes algúns dos seus ritmos, cancións e bailes, coñecendo mellor as características desta música.

O seguinte paso será crear unha serie de vídeos cun formato de programa de televisión. Neles amosaredes algúns dos ritmos, cancións e danzas que aprendestes e tamén podedes incluír pequenas entrevistas e explicacións para que outras persoas poidan coñecer mellor a música tradicional galega. O obxectivo é facer un programa didáctico que axude a difundir e valorar este patrimonio musical.

Lectura facilitada

Ata agora fixestes o seguinte:

  • Unha pequena recollida de folclore.
  • Aprendestes sobre xéneros de música tradicional.
  • Practicastes ritmos, cancións e danzas.

O seguinte paso será crear un programa de televisión. Nel amosaredes:

  • Algúns ritmos cancións e danzas aprendidas.
  • Entrevistas e explicacións didácticas.

O obxectivo será difundir e valorar o patrimonio musical galego.

Como estruturar a tarefa

Aquí están resumidos os pasos principais que tedes que facer antes de comezar coa vosa tarefa.

Paso 1

Grupo de persoas Creación de grupos

 Poñédevos de acordo cos vosos compañeiros para crear dous grupos de traballo.

Paso 2

Caderno de notas Elaboración do guión

Teredes que escribir a estrutura do programa.

Paso 3

Videocámara Gravación dos vídeos

Teredes que gravar cun móbil ou videocámara os diferentes clips que queredes que salgan no vídeo final

Paso 4

Exposición Montaxe e exposición

Escolleredes o formato e maneira de ensinarlles o traballo ás vosas compañeiras e compañeiros.

Lectura facilitada

Paso 1: Creación dos grupos
Poñédevos de acordo.
Facede dous grupos de traballo.

Paso 2: Elaboración do guión
Escribide o guión do programa.

Paso 3: Gravación dos vídeos
Gravade os vídeos.
Podedes usar un móbil ou unha videocámara.
Escollede os clips para o vídeo final.

Paso 4: Montaxe e exposición
Decidide como presentar o traballo.
Ensinádello ás vosas compañeiras e compañeiros.

Como se avalía o voso reto

Rúbrica do reto
 ExcelenteBoaAbondaPodería mellorar
Precisión rítmica e melódicaInterpreta con moita precisión e seguridade a melodía. Reproduce as secuencias rítmicas de maneira moi precisa. (1.25)Interpreta con bastante precisión e seguridade a melodía. Reproduce as secuencias rítmicas de maneira precisa a maior parte do tempo. (1)Falta precisión e seguridade á hora de interpretar a melodía. Falta algo de precisión rítmica de maneira precisa a maior parte do tempo (0.5)Non interpreta a melodía, nin reproduce as secuencias rítmicas de maneira precisa. (0)
TécnicaInterioriza os distintos aspectos da técnica e lévaos á práctica de xeito efectivo: controla a colocación do corpo, as mans, a respiración etc. (1.25)Interioriza os distintos aspectos da técnica e lévalos á práctica dun xeito aceptable, pero con marxe de mellora. (1)Asimilou polo menos dous aspectos da técnica do instrumento ou ben mellorou lixeiramente todos os aspectos da técnica. (0.5)Ten graves dificultades para asimilar os aspectos fundamentais da técnica: colocación do corpo, as mans, a respiración, entre outros. (1.25)
Actitude durante a interpretación dos ensaiosGran concentración e atención durante os ensaios e a interpretación. Séguense as indicacións en todo momento. (1.25)Bastante concentración e atención durante os ensaios e a interpretación. Normalmente séguense as indicacións. (1)Concentración e atención variable durante os ensaios e a interpretación. En ocasións segue as indicacións. (0.5)Pouca ou moi pouca concentración e atención durante os ensaios e a interpretación. Normalmente non segue as indicacións. (0)
Interpretación grupalPerfecta adecuación ao grupo. Escoita o resto de compañeiras e compañeiros mentres interpreta a súa parte. É quen de adaptar o fraseo e os "tempi" ao resto. (1.25)A maior parte da interpretación consegue adecuarse ao grupo, pero en ocasións está demasiado centrado no seu papel. (1)Cústalle interpretar o seu papel e adecuarse ao grupo. Consegue facelo nalgunhas ocasións. (0.5)Está totalmente centrado no seu papel ignorando a interpretación do resto do grupo. (0)
Activación do corpo e coreografíaAmosa un nivel de enerxía óptimo, compatible coa representación escénica da coreografía proposta. (1.25)Amosa un nivel de enerxía axeitado, compatible coa representación escénica da coreografía proposta. (1)Amosa un nivel de enerxía medio que dificulta a representación escénica da coreografía proposta. (0.5)Amosa un nivel de enerxía baixo, incompatible coa representación escénica da coreografía proposta. (0)
Traballo en grupoAmosa interese en traballar en equipo, entendendo cales son os seus puntos fortes e cales os dos compañeiros, traballando de xeito colaborativo. É quen de resolver conflitos e achegar ideas de dirección. (1.25)Amosa interese en traballar en equipo. É quen de resolver conflitos e achegar ideas de dirección. (1)Amosa interese en traballar en equipo, pero non sempre é quen de facer propostas e de resolver conflitos. (0.5)Non amosa interese en traballar en equipo, non axuda ás compañeiras e dificulta o traballo, imposibilitando o desenvolvemento dos ensaios. (0)
Gravación, edición e comunicación audiovisualColabora no desenvolvemento dun vídeo claro, creativo e ben montado (imaxe, son e ritmo), cunha comunicación moi eficaz. (1.25)Colabora no desenvolvemento dun vídeo claro e comprensible, con boa comunicación. (1)Colabora no desenvolvemento dun vídeo funcional que cumpre a tarefa e permite entender a proposta. (0.5)Non colabora na elaboración dun vídeo completo e entendible. (0)
Estrutura e contido do programa (guión e explicacións)Desenvolve un programa moi ben estruturado, cun guión claro, coherente e didáctico. (1.25)Desenvolve un programa ben estruturado e comprensible. (1)Desenvolve unha estrutura básica do programa, organizado pero esquemático ou demasiado sinxelo. (0.5)Presenta un programa limitado ou non o presenta. (0)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica do reto (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)