Esquema visual que organiza as partes dunha actividade ou obra en orde. Serve para saber que vai pasar e cando en cada momento.
Exemplo:
Na escaleta do concerto primeiro vai a introdución, despois a canción e ao final a coreografía
Elaborade o guión
Pasos para elaborar o guión.
Paso 1
Escoller repertorio
Tendes que seleccionar algunha das pezas traballadas en clase ou outras similares. Teredes que interpretar unha danza e dúas cancións, unha delas ten que incluír ritmos tradicionais.
Paso 2
Facer unha escaleta
Antes de gravar tedes que pensar como organizar os vídeos. Aquí tendes un exemplo:
1. Seccións do programa:
Presentación
Explicación do xénero, canción ou baile que se vai interpretar
Interpretación
Entrevista
Despedida
2. Organización das seccións pensando en como será máis claro para os espectadores.
3. Anotade o que pasará en cada parte: quen aparece, que se explica ou se fai, títulos das interpretacións
4. Pensade o que necesitades para gravar: instrumentos, persoas que participan, espazos, material necesario...
Descarga aquí o modelo editable de escaleta que podes empregar como base. Se premes na imaxe podes visualizalo en PDF.
Lectura facilitada
Paso 1: Escoller as pezas Escollede:
unha danza dúas cancións Unha é tradicional.
Paso 2: Organizar o programa Pensade as partes:
Presentación Explicación Música Despedida
Escribide que pasa. Pensade o que necesitades.
Audio
Gravando o diario de aprendizaxe
Nesta fase centrámonos en converter todo o aprendido nun proxecto propio: a creación do programa “Foliada Virtual”. Ao longo do proceso organizamos ideas, estruturamos contidos e tomamos decisións sobre como presentar a música e a danza tradicional dun xeito claro e atractivo. Aprendemos polo tanto a comunicar e a traballar en equipo para crear un produto final. Este é un momento para analizar como foi ese proceso: como vos organizastes, que dificultades apareceron e que aprendizaxes levades desta experiencia colectiva. Reflexiona sobre o traballo realizado e recolle as túas ideas no diario de aprendizaxe.