5. Compartindo a foliada
Imos aló?

Ata agora traballastes en grupo para crear o voso programa de “Foliada Virtual”, organizando os contidos e decidindo que materiais iades incluír.
O seguinte paso será participar na vosa foliada, ruada, serán... como queirades chamarlle, onde poredes en común o voso traballo co resto da clase:
- Unha persoa de cada grupo fará unha breve presentación explicando as obras que escollestes e se fixestes algunha modificación.
- Despois, veremos o programa que preparastes.
- O resto da clase poderá facer preguntas e comentarios.
Lectura facilitada
Ata agora traballastes en grupo.
Fixestes o voso programa de “Foliada Virtual”.
Agora chega o seguinte paso.
Imos facer a foliada na clase.
Antes da sesión,
escoitades unha peza.
E escolledes unha para todos.
Unha persoa do grupo explica o traballo.
Di que pezas escolledes.
Despois vemos o programa.
A clase pode preguntar.
E pode opinar.
Para rematar cantades e bailades.
Audio
Valora o traballo do grupo
| O resultado foi excelente porque | O resultado foi bo porque | Non nos resultou doado porque | Hai aspectos que mellorar porque | |
|---|---|---|---|---|
| Participación | Todas as persoas participamos, repartimos as tarefas de forma xusta e axudámonos para que o proxecto saia adiante. (2.5) | Todas as persoas participamos e xeralmente repartimos as tarefas, aínda que ás veces non nos axudamos entre nós e estamos pendentes só do noso traballo. (2) | A participación non é ecuánime (1) | Pouca colaboración e a maior parte do traballo recae nun grupo reducido de persoas (0.5) |
| Interpretación musical | Facemos a interpretación con coidado: cantamos/tocamos atentos, escoitámonos entre nós e no escenario mantemos boa postura, silencio e respecto. (2.5) | Xeralmente cantamos/tocamos correctamente e comportámonos ben no escenario, aínda que nalgún momento perdemos atención ou concentración. (2) | Ás veces cantamos/tocamos sen atención e no escenario despistámonos ou non gardamos ben o silencio. (1) | Pouco coidado da interpretación nin o comportamento no escenario: falamos, movémonos demasiado ou non respectamos o momento da actuación (0.5) |
| Guión e gravación do programa | Elaboramos un guión claro e ben organizado, coidamos a gravación (imaxe, son e encadre) e comunicamos a información de forma comprensible e atractiva para o público. (2.5) | O guión está bastante organizado e a gravación é correcta, aínda que podería mellorarse a claridade das explicacións ou algúns aspectos técnicos. (2) | O guión é pouco claro ou incompleto e a gravación presenta erros que dificultan a comprensión (son, imaxe ou explicacións pouco claras). (1) | A planificación e moi pouco clara do guión e a gravación non permite entender ben o contido do programa. (0.5) |
| Progreso | Ao longo do proxecto aprendemos cousas novas, aplicámolas na práctica e nótase unha mellora clara no noso traballo musical e creativo. (2.5) | Aprendemos contidos novos e aplicámolos na maioría das situacións, aínda que ás veces nos custa aplicar todo o aprendido. (2) | A aprendizaxe é limitada: cústanos aplicar o que aprendemos. (1) | Apenas hai avance nin comprensión do proxecto; repetimos tarefas sen entender o seu sentido. (0.5) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
Que tal o fixeron o resto dos equipos?
| Excelente | Ben | Abonda | Poderían facelo mellor | |
|---|---|---|---|---|
| Claridade, organización e contidos musicais | Explicacións moi claras, ben estruturadas e con uso correcto de contidos (ritmo, estrutura, danza, contexto). (2.5) | Explicacións comprensibles e bastante ben organizadas, con bo uso dos contidos. (2) | Información algo desordenada ou con imprecisións nos contidos musicais. (1.25) | Información confusa, pouco organizada ou con erros importantes. (0.5) |
| Calidade do produto audiovisual | Produto moi coidado, completo e moi axeitado ao formato (boa imaxe, son, edición e estrutura). (2.5) | Produto correcto, ben presentado e adecuado ao formato. (2) | Produto sinxelo, con pouca elaboración técnica ou estética. (1.25) | Produto pobre, incompleto ou pouco adecuado ao formato. (0.5) |
| Capacidade de transmisión e carácter didáctico | Explican de forma moi clara e atractiva, facilitando que outras persoas aprendan (bo uso de exemplos, interpretacións e explicacións) (2.5) | Explicacións claras, permiten seguir e comprender o contido. (2) | Explicacións pouco claras ou pouco conectadas coa aprendizaxe do público. (1.25) | Non se entende ben ou non facilita a aprendizaxe. (0.5) |
| Creatividade e adaptación da tradición | Moi creativo, con propostas atractivas e boa integración da música e danza tradicional nun formato actual. (2.5) | Ten elementos creativos e adapta correctamente a tradición. (2) | Pouca creatividade, enfoque bastante convencional. (1.25) | Nada creativo, proposta pouco interesante. (0.5) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
O eco do diario de aprendizaxe

O proxecto chega ao seu final e é momento de recoller todo o vivido: o que aprendiches, as experiencias compartidas e o resultado do traballo en grupo.
Ao longo destas fases fuches construíndo coñecemento a través da práctica, da reflexión e da colaboración. Agora toca facer balance e tomar conciencia do teu proceso.
Valora o teu traballo e a túa participación completando a táboa no diario de aprendizaxe.
Audio
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
