Saltar navegación

5. E... que aprendiches?

Xa se ve o final. E...que aprendiches?

Ao longo deste proxecto, tivestes a oportunidade de explorar e comprender profundamente a complexidade e a interconexión da atmosfera, o clima, as augas e a vexetación natural. A través de actividades prácticas, investigación en liña e reflexión, desenvolvestes unha apreciación máis ampla da importancia destes elementos na regulación da nosa contorna e na sostibilidade da vida na Terra.

Aprendestes como os diferentes tipos de climas afectan a distribución da vexetación e a vida animal do noso planeta, así como a influencia do océano na regulación do clima.

En resumo, este proxecto proporcionouvos unha base sólida de coñecementos sobre a atmosfera, o clima, as augas e a vexetación natural, á vez que fomentou habilidades de investigación, pensamento crítico e conciencia ambiental. Estades preparadas e preparados para aplicar estes coñecementos e habilidades á vosa vida cotiá e, deste xeito, contribuír de maneira positiva á protección e á conservación do noso precioso planeta.

Fotografía coa lenda Finish

Agora toca avaliar.

Lectura facilitada

Ao final aprendiches un montón de cousas:

  1. Cales son os movementos da Terra e a que dan lugar.
  2. Que é un mapa e como se interpreta.
  3. Como se manexan as coordenadas xeográficas.
  4. Como se crea o relevo e como evoluciona.
  5. Cales son as diferentes unidades de relevo.
  6. Como se recoñecen as principais formas de relevo nun mapa topográfico.

Apoio visual

Esquema do REA

Como se avalía o noso proxecto

Instrucións para a puntuación: • Cada grupo avaliador asignará a cada criterio e para o grupo avaliado unha puntuación do 1 ao 5. • Ao final podedes engadir comentarios construtivos • Súmanse as puntuacións para obter a nota total. Nota total do grupo avaliado: _______ / 25

Como se avalía o noso proxecto (5x6)
 ExcelenteBoaCorrectaNegativaIncorrectaNula
Presentación do pósterO póster está excelentemente presentada: boa maquetación, redacción orixinal e creativa, cun vocabulario preciso. As imaxes presentan unha calidade e tamaño axeitado en todo momento. (2)O póster ten unha boa presentación, correcta na redacción e nas imaxes, que se axustan aos contidos e teñen un tamaño e calidade axeitados de maneira xeral. Non hai faltas de ortografía. (1.6)O póster ten unha presentación correcta, con todos os apartados rematados. A redacción presenta algunhas faltas de ortografía, e as veces inconexa e reiterativa, e algunhas das imaxes utilizadas non son axeitadas en calidade e tamaño. (1.2)Presentan o póster, pero con parte dos apartados sen rematar. A redacción ten bastantes faltas de ortografía, e é non demostra madurez. Faltan imaxes de relevo e mapas, e algunhas non son axeitadas en tamaño nin en calidade. (0.8)Presenta o póster, pero sen rematar a maioría dos apartados. Faltan imaxes e a redacción é desaxeitada. Contén múltiples erros e faltas de ortografía. (0.4)Non presentado (0)
Elaboración de contidosO traballo mostra dominio dos contidos de mapas, xeolocalización e relevo, e axústase totalmente ao formato requirido. Achégase información interesante utilizando as ferramentas correctas. (3)Presenta todos apartados de maneira correcta. Coñece e utilizan de xeito preciso os contidos de xeolocalización, relevo e mapas. O perfil está ben elaborado. Non achega moita información sobre as formas de relevo. (2.4)Preséntanse os contidos mínimos esixidos en todos apartados. Presenta coordenadas, mapas, e indicacións de formas de relevo con algunhas omisións e erros. O perfil non está ben elaborado. (1.8)Non presenta os contidos mínimos esixidos en todos os apartados. Realizan coordenadas e mapas, pero con erros. Faltan case todas as formas de relevo , e as feitas teñen algunhas omisións e erros. O perfil non está elaborado. (1.2)Elaboran contidos, pero están sen rematar, e non se axustan ao esquema do traballo requirido. Non demostran coñecementos de xeolocalización e relevo requiridos. (0.6)Apenas elaboran contidos, e estes non se axustan aos pasos dados para a elaboración da guía. (0)
Utilización e manexo de aplicacións informáticas e fontesAs aplicacións informáticas utilízanse con soltura, orixinando un produto creativo e visualmente orixinal. Indícanse os créditos de todas as fontes utilizadas. (1)As aplicacións informáticas utilízanse con soltura, orixinando un produto correcto. Indícanse os créditos de todas as fontes utilizadas. (0.8)Utilizan de maneira correcta as aplicacións informáticas. Indica as fontes utilizadas, escasas. (0.6)Apenas se indican as fontes utilizadas pero o manexo das aplicacións é bastante correcta. (0.4)Apenas se indican as fontes utilizadas e o manexo das aplicacións non é correcta. (0.2)Non se indican as fontes e non chegan a utilizar ningunha das aplicacións propostas. (0)
Traballo en grupoExcelente coordinación interna do equipo, asumindo cada un dos seus integrantes a súa parte das tarefas, distribuídas de xeito equitativo. As decisión foron conxuntas e consensuadas, e a boa relación cos outros equipos contribuíu a crear un bo ambiente de traballo na aula. (2)Alto grao de coordinación interna do equipo, na que todo o grupo asume as súas responsabilidades. A maioría das tarefas distribúense de xeito equitativo. Boa relación co resto dos equipos. (1.6)A coordinación interna do equipo é boa, pero hai un reparto desigual das tarefas entre os seus membros. As decisións tomáronse por consenso entre os membros do equipo. Hai pouca relación co resto dos equipos. (1.2)Escasa coordinación interna do grupo, cunha distribución desigual das tarefas entre os seus integrantes. Apenas tomaron decisións de maneira consensuada. Non hai relación co resto dos equipos. (0.8)Mala coordinación interna do grupo, cunha distribución moi desigual das tarefas entre os seus integrantes e traballo individual dalgúns dos membros, que son incapaces de tomar decisións de maneira consensuada. (0.4)Falta de coordinación entre o grupo, que fixo soamente o traballo individual. (0)
Exposición oral na aula ou visita guiadaA exposición na aula é fluída e clara, coas quendas de intervención dos membros do equipo ben distribuídas. Dominan os contidos e non precisan ler. Fan unha pequena posta en común co resto dos grupos. O diario de Aprendizaxe está perfectamente cumprimentado. (2)A exposición na aula é fluída e clara, coas quendas de intervención dos membros do equipo ben distribuídas. Coñecen os contidos, pero parte do alumnado do grupo precisa lelos. O diario de aprendizaxe está cumprimentado de maneira correcta, con algún apartado escaso e algún pequeno erro. (1.6)A exposición na aula é correcta, aínda que todos os membros do equipo precisan ler ou apoiarse nun guión. Cometen algún erro de vocabulario que denota falta de preparación. O diario de aprendizaxe está cumprimentado de maneira correcta, con algún apartado escaso e algún pequeno erro. (1.2)A exposición na aula é irregular, con intervencións moi dispares, e non está ben preparada: precisan ler os contidos, e apenas é un esquema do traballo. O diario de aprendizaxe está cumprimentado en menos dun 50%, e presenta erros (0.8)Non realizada (0.4)Non realizada (0)

Elaboración propia. Como se avalía o noso proxecto (5x6) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Coavaliación: a avaliar os demais

Instrucións para a puntuación: • Cada grupo avaliador asignará a cada criterio e para o grupo avaliado unha puntuación do 1 ao 5. • Ao final podedes engadir comentarios construtivos • Súmanse as puntuacións para obter a nota total. Nota total do grupo avaliado: _______ / 25

Rúbrica de coavaliación (5x5)
 ExcelenteMoi benBenNecesita melloraDeficiente
1. Claridade e organización da presentaciónA presentación foi moi clara, ben estruturada e fácil de seguir. (5)A presentación foi clara e ben organizada, con pequenos erros. (4)A presentación foi comprensible pero algo desorganizada. (3)A presentación foi confusa ou difícil de seguir en varios momentos. (2)A presentación foi moi confusa e careceu de estrutura. (1)
2. Dominio do contidoMostraron un dominio completo do tema e responderon preguntas con seguridade. (5)Mostraron un bo dominio do tema, con algunhas pequenas dúbidas. (4)Mostraron un coñecemento básico pero insuficiente do tema. (3)Mostraron dificultades para explicar o tema ou responder preguntas. (2)Non demostraron un coñecemento suficiente do tema. (1)
3. Creatividade e orixinalidadeO traballo foi moi creativo, orixinal e chamou a atención. (5)O traballo foi creativo e tivo elementos orixinais. (4)O traballo foi adecuado pero pouco creativo. (3)O traballo foi pouco orixinal ou falto de ideas novas. (2)O traballo foi totalmente rutineiro ou copiado. (1)
4. Participación visible dos membros do grupoTodos os membros participaron de forma equilibrada e activa. (5)A maioría dos membros participaron activamente. (4)Algúns membros participaron, pero non de forma equilibrada. (3)Poucos membros participaron, mentres outros case non interviñeron. (2)Apenas participou un ou ningún membro de forma activa. (1)
5. Calidade global do traballoO traballo foi excelente e destacou polo esforzo e a calidade. (5)O traballo foi bo e reflicte esforzo e dedicación. (4)O traballo foi aceptable pero con falta de detalles ou de esforzo. (3)O traballo foi incompleto ou pouco traballado. (2)O traballo foi de baixa calidade ou non cumpriu os obxectivos. (1)

Elaboración propia. Rúbrica de coavaliación (5x5) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)