Glosario
Acuífero
-
Definición:
-
Formación xeolóxica composta dunha ou varias capas de materiais impermeables e capaces de almacenar auga subterránea.
-
Exemplo:
-
Un acuífero superficial pode impedir a construción dunha casa.
Afluente
-
Definición:
-
Río secundario que desemboca noutro principal.
-
Exemplo:
-
O río Sil é o principal afluente do Miño.
Caudal
-
Definición:
-
Cantidade de auga que transporta un río.
-
Exemplo:
-
No inverno os ríos galegos teñen o máximo caudal.
Ciclo da auga
-
Definición:
-
Aquel que describe o movemento da auga tanto pola superficie terrestre coma por debaixo dela.
-
Exemplo:
-
Evaporación, condensación e precipitación completan o ciclo da auga.
Cunca hidrográfica
-
Definición:
-
Territorio drenado por un río principal e todos os seus afluentes.
-
Exemplo:
-
A do Amazonas é a cunca hidrográfica máis grande do mundo.
Correntes mariñas
-
Definición:
-
Son como grandes ríos que discorren polos océanos e que xorden polas diferenzas de densidade, de temperatura e de salinidade da auga.
-
Exemplo:
-
A corrente cálida do Golfo de México permite que o inverno en Galicia teña temperaturas suaves.
Curso
-
Definición:
-
Percorrido que realiza un río dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Leito.
-
Exemplo:
-
Seguindo o curso do río, poderemos chegar ao mar sen perdernos.
Estiaxe
-
Definición:
-
Período en que se rexistra o caudal mínimo dun curso fluvial.
-
Exemplo:
-
En España a estiaxe dos ríos obsérvase nos meses de verán.
Fervenza
-
Definición:
-
Parte dun curso fluvial onde, por mor dun forte desnivel do leito, a auga cae verticalmente.
-
Exemplo:
-
O río Xallas é o único río de Europa que remata nunha fervenza.
Hidrosfera
-
Definición:
-
Sistema constituído por toda a auga que existe na Terra, tanto na súa superficie coma debaixo da mesma.
-
Exemplo:
-
A hidrosfera é fundamental para manter o equilibrio climático e a vida na Terra.
Iceberg
-
Definición:
-
Illa de xeo procedente da fragmentación do xeo polar.
-
Exemplo:
-
Un iceberg foi quen de afundir o Titanic.
Marea
-
Definición:
-
Movementos periódicos de ascenso e descenso do nivel mariño orixinados, basicamente, pola atracción da Lúa sobre mares e océanos.
-
Exemplo:
-
O monte Saint-Michel queda illado durante a marea alta.
Meandro
-
Definición:
-
Curva que describe o curso dun río.
-
Exemplo:
-
A navegación polo río vese dificultada pola presenza de meandros.
Morena
-
Definición:
-
Acumulación de sedimentos transportados por un glaciar.
-
Exemplo:
-
A morena terminal indícanos ata onde avanzou un glaciar.
Onda
-
Definición:
-
Ondulacións provocadas pola incidencia do vento sobre a superficie mariña.
-
Exemplo:
-
Unha onda grande pode envorcar un barco.
Torrente
-
Definición:
-
Curso descontinuo de auga.
-
Exemplo:
-
As fortes precipitacións de onte encheron o leito seco do torrente.
Vertente
-
Definición:
-
Conxunto de cuncas fluviais que levan as súas augas ao mesmo mar.
-
Exemplo:
-
O Miño, o Douro, o Texo, o Guadiana e mais o Guadalquivir son os ríos máis importantes da vertente atlántica ibérica.














