Glosario
Anemómetro
-
Definición:
-
Aparello meteorolóxico empregado para medir a velocidade do vento.
-
Exemplo:
-
Segundo o anemómetro, o vento sopra a 90 km/h.
Anticiclón
-
Definición:
-
Zona atmosférica de alta presión (maior de 1013 hPa).
-
Exemplo:
-
O anticiclón dos Azores ocasiona bo tempo no verán.
Barómetro
-
Definición:
-
Aparello meteorolóxico empregado para medir a presión atmosférica.
-
Exemplo:
-
O barómetro, que marca 992 hPa, indica que hai unha baixa presión.
Borrasca
-
Definición:
-
Zona atmosférica de baixa presión (menor de 1013 hPa). Ciclón.
-
Exemplo:
-
A borrasca que se achega vai deixar moitas precipitacións durante a fin de semana.
Catavento
-
Definición:
-
Aparello meteorolóxico empregado para medir a dirección do vento.
-
Exemplo:
-
O catavento indícanos que o vento é do nordés.
Fronte
-
Definición:
-
Superficie de contacto entre dúas masas de aire de características físicas distintas.
-
Exemplo:
-
A fronte fría do mapa indícanos que van baixar as temperaturas.
Isóbara
-
Definición:
-
Liñas que nun mapa unen os puntos que rexistran iguais presións atmosféricas.
-
Exemplo:
-
Vendo as isóbaras podemos saber cal é a presión na superficie terrestre.
Isohieta
-
Definición:
-
Liñas que nun mapa unen os puntos que rexistran precipitacións iguais.
-
Exemplo:
-
Os meteorólogos trazan isohietas nos mapas para informarnos da distribución das precipitacións.
Isoterma
-
Definición:
-
Liñas que nun mapa unen os puntos que rexistran temperaturas iguais.
-
Exemplo:
-
Os meteorólogos trazan isotermas nos mapas para informarnos da distribución das temperaturas.
Pluviómetro
-
Definición:
-
Aparello meteorolóxico empregado para medir a cantidade de precipitacións rexistradas.
-
Exemplo:
-
A análise do pluviómetro indica que a noite pasada caeron 10 l/m².
Presión
-
Definición:
-
Peso do aire sobre a superficie terrestre.
-
Exemplo:
-
Os alpinistas, cando ascenden ás montañas, notan como baixa a presión e como cada vez é máis difícil respirar.
Vento
-
Definición:
-
Aire en movemento.
-
Exemplo:
-
O vento, transportando o pole, contribúe á reprodución das plantas.












