Glosario
Atmosfera
-
Definición:
-
Capa gasosa que envolve a Terra.
-
Exemplo:
-
Sen atmosfera non poderiamos respirar.
Clima
-
Definición:
-
Sucesión típica de tipos de tempo ao longo do ano.
-
Exemplo:
-
O clima de Galicia é o clima oceánico.
Precipitación
-
Definición:
-
Caída de auga dende a atmosfera cara á superficie terrestre en forma líquida (chuvia) ou sólida (neve ou sarabia).
-
Exemplo:
-
As precipitacións poden caer de forma sólida ou líquida.
Temperatura
-
Definición:
-
Cantidade de calor que hai na atmosfera.
-
Exemplo:
-
En Europa, no verán, a temperatura é maior debido a que a radiación solar incide moi verticalmente.
Tempo
-
Definición:
-
É o estado da atmosfera nun momento concreto.
-
Exemplo:
-
O tempo chuvioso desta mañá vai mudar pola tarde.


