Climas, ríos e vexetación en España
España está situada en latitudes medias, agás as Canarias, que están en posición subtropical. Por iso a España peninsular e as illas Baleares teñen climas temperados, coas súas correspondentes características hidrolóxicas e bioclimáticas, mentres que as Canarias teñen clima subtropical.

Clima oceánico
| CLIMA | RÍOS | VEXETACIÓN |
|---|---|---|
|
ÁREA: Norte e noroeste da Península. TEMPERATURA: Invernos suaves e veráns frescos. Pequena oscilación térmica. PRECIPITACIÓNS: Abundantes (> 800 mm/ano). Regulares. |
Cantábricos: Moi curtos. Regulares. Caudalosos.
Atlánticos: Máis longos. Regulares. Caudalosos. |
Arbórea: Bosque caducifolio con especies como carballos, faias, castañeiros
Matogueira: Landa atlántica. |
Clima mediterráneo
| CLIMA | RÍOS | VEXETACIÓN |
|---|---|---|
|
Mediterráneo puro ÁREA: Costa mediterránea excepto SE. TEMPERATURA: Invernos suaves e veráns cálidos. Oscilación térmica media. PRECIPITACIÓNS: Escasas (600 mm/ano). Desigualmente repartidas. Máximo no outono e na primavera. |
Excepto o Ebro: Curtos Moi irregulares Pouco caudalosos Existen exemplos de cursos non permanentes. Ebro: Longo. Regular. Caudaloso. Ceuta, Melilla e as illas Baleares non teñen ríos. |
Arbórea: Bosque mediterráneo perennifolio con especies como aciñeiras e sobreiras.
Matogueira: Maquis. Garriga. |
|
Mediterráneo interior.
Interior da Península. TEMPERATURA: Invernos fríos Veráns cálidos. Oscilación térmica alta. PRECIPITACIÓNS: Escasas (300 – 600 mm/ano). Moi irregulares Máximo no outono e na primavera. |
Os máis longos da península. Irregulares.
|
Arbórea: Bosque mediterráneo perennifolio con especies como aciñeiras e sobreiras.
Matogueira: Maquis. Garriga.
|
|
Mediterráneo do SE ou árido.
SE. peninsular. TEMPERATURA: Invernos suaves e veráns cálidos. Oscilación térmica media. PRECIPITACIÓNS: Moi escasas (< 300 mm/ano). Máximo no outono, verán árido. |
Curtos Moi irregulares. Poucos caudalosos. Existen cursos non permanentes. |
Vexetación esteparia. Especies adaptadas á seca. |
Clima de montaña
| CLIMA | RÍOS |
VEXETACIÓN |
|---|---|---|
|
ÁREA: Zonas de montaña. TEMPERATURA: Invernos fríos e veráns suaves. Elevada oscilación térmica. PRECIPITACIÓNS: Moi altas (+ 1000 mm / ano). Sólidas durante unha parte do ano. |
Curtos. Irregulares. Caudalosos durante o desxeo. |
Vexetación graduada en altura. |
Clima subtropical
| CLIMA | RÍOS | VEXETACIÓN |
|---|---|---|
|
ÁREA: Illas Canarias. TEMPERATURA: Suave todo o ano. Oscilación térmica curta. PRECIPITACIÓNS: Moi escasas (< 300 mm / ano). |
Non existen propiamente ríos. |
Vexetación con moitos endemismos (especies que só se atopan aí): Cardón canario. Tabaiba. Drago. |
Lectura facilitada
España está situada entre o trópico de Cáncer e o círculo polar Ártico.
Distinguimos 4 climas:
Clima oceánico:
Esténdese polo norte e noroeste da Península.
Ten invernos suaves e veráns frescos.
Ten precipitacións abundantes e regulares.
Os ríos cantábricos son curtos, regulares e caudalosos.
Os atlánticos son máis longos.
Os bosques típicos están compostos por árbores caducifolios como os carballos.
A vexetación arbustiva denomínase landa atlántica.
Clima mediterráneo:
Costa leste e sur e interior da Península.
Na costa o clima mediterráneo é puro:
Invernos suaves e veráns cálidos.
Precipitacións escasas.
No interior os invernos son máis fríos e os veráns máis cálidos.
No sueste as precipitacións son moi escasas.
Na zona mediterránea os ríos son curtos, irregulares e pouco caudalosos.
O Ebro é o único río longo, caudaloso e regular.
O bosque típico está conformado por especies perennes.
As especies típicas son a aciñeira e a sobreira.
Clima de montaña:
Aparece nas zonas de montaña.
Os invernos son fríos e os veráns, suaves.
As precipitacións son moi elevadas.
Os ríos son curtos e irregulares.
Os ríos son moi caudalosos durante o desxeo.
A vexetación organízase en pisos.
Clima subtropical:
Atópase nas Illas Canarias.
Temperaturas suaves todo o ano.
Precipitacións moi escasas.
Non existen ríos neste espazo.
A vexetación presenta moitos endemismos.
Un endemismo é unha planta que só aparece neste lugar.

Agora volvede ao