Saltar navegación

1. 3,2,1...Empezando

Comeza a viaxe

Atención, intrépidos exploradores e exploradoras do coñecemento!

Estades a punto de comezar unha nova aventura mentres vos introducides nos misteriosos territorios dos climas e da súa representación a través dos climogramas, as augas e a vexetación natural do mundo. Estades listos e listas para embarcarvos nunha viaxe que vos levará desde as ardentes areas dos desertos até as frías profundidades dos polos, e desde os exuberantes bosques ecuatoriais até as vastas chairas xeadas?

Preparádevos para ser testemuñas da incrible diversidade do noso planeta e descubrir algúns dos segredos que este garda!

É hora de explorar, aprender e deixarvos sorprender pola asombrosa beleza e complexidade da natureza que nos rodea!

PARQUE NACIONAL YOSEMITE (ESTADOS UNIDOS)
Imaxe dun parque natural americano no que se ve un lago, ceo azul e vexetación

O traballo que desenvolverás axudarache non só a aumentar o teu coñecemento xeográfico senón tamén a acadar determinados obxectivos dos ODS entre eles, o 4 (educación de calidade), 5 (igualdade de xénero), 6 (auga limpa e saneamento) 15 (vida de ecosistemas terrestres) e 17 (alianzas para acadar obxectivos).

Lectura facilitada

Vas iniciar unha nova aventura xeográfica.

Nesta aventura aprenderás moitas cousas.

Aprenderás moitas cousas sobre os climas.

Aprenderás moitas cousas sobre as augas.

Aprenderás moitas cousas sobre a vexetación.

Tamén acadarás diferentes obxectivos dos ODS:

Obxectivo 4 (educación de calidade).

Obxectivo 5 (igualdade de xénero).

Obxectivo 6 (auga limpa e saneamento).

Obxectivo 15 (vida de ecosistemas terrestres).

Obxectivo 17 (alianzas para acadar obxectivos).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)