Un paso máis cara ao reto.
Xa coñecedes o voso reto. Para desenvolvelo necesitaredes os contidos que ides aprender nesta terceira fase. A continuación tedes pautas que vos serán útiles no deseño dos pósters para a olimpíada de Xeografía.
Que debe incluír o voso póster?
Cada póster deberá ter:
- Un título co nome do lugar escollido.
- Un subtítulo co tipo de clima.
- O climograma do lugar que cada grupo elaborou seguindo as instrucións que figuran no REA.
- Unha foto dun río representativo desa área. No pé de foto deberá figurar o nome do río, a lonxitude, a vertente á que pertence e, de ser posible, o caudal.
- Fotos de dúas especies vexetais típicas do espazo que se está traballando. Sería bo que tamén houbese unha imaxe das follas ou dos froitos. No pé de foto deberá figurar o nome vulgar e mais o nome científico de cada unha delas.
- Dúas fotografías de dúas paisaxes representativas deste tipo de clima.
Organizamos o grupo:
Para conseguir resolver o reto con solvencia temos que facer un esforzo de organización grupal, tendo en conta que só podemos ter éxito se todos achegamos o noso gran de area. Temos que aceptar a opinión do grupo, sen ir por libre, cumprindo os prazos, axudándonos (non todos temos a mesma facilidade para este tipo de tarefas) e contribuíndo a crear bo ambiente.
- Eliximos un coordinador ou unha coordinadora do equipo, que moderará os posibles debates e será o interlocutor co profesor ou coa profesora.
- Escollemos o clima.
- Repartimos os primeiros quefaceres.
Seredes quen de conseguilo? Seguro que si!
Lectura facilitada
Cada póster debe ter:
- Un título co nome do lugar escollido.
- Un subtítulo co tipo de clima.
- Un climograma do lugar.
- Unha foto dun río representativo desa área.
- A foto do río debe levar a lonxitude.
- A foto do río debe levar a vertente.
- A foto do río debe levar o caudal do río.
- Fotos de dúas especies vexetais típicas do espazo que se está traballando.
- Na foto deberá figurar o nome vulgar e o nome científico de cada unha delas.
- Dúas fotografías de dúas paisaxes típicas deste tipo de clima.
Organizamos o grupo
- Eliximos un coordinador ou coordinadora do equipo.
Este coordinador ou coordinadora moderará os debates.
Tamén será quen fale co profesor ou coa profesora. - Escollemos un destino.
- Repartímonos os primeiros quefaceres.