Saltar navegación

3.2. Aire, dáme aire!

 

Glosario

Aurora boreal

Fotografía dunha aurora boreal

Definición:

Forma de luminescencia que se observa no ceo nocturno, xeralmente nas zonas polares.

Exemplo:

De noite, no norte de Europa é doado ver unha aurora boreal.

A atmosfera

Gráfico da composición da atmosfera

Denomínase atmosfera a capa gasosa que envolve a Terra. Está formada por diferentes gases, entre os que destacan o nitróxeno (78%) e o osíxeno (20,95 %). O 1,05 % restante repárteno o argon, o neon, o helio, o hidróxeno...

A atmosfera é básica para a existencia de vida na Terra, pois funciona como un filtro de diferentes radiacións solares, axuda a controlar a temperatura no planeta e, ademais, evita a colisión de moitos meteoritos contra a superficie terrestre.

A atmosfera non é homoxénea. Nela podemos distinguir cinco capas diferentes, descobre as súas características.

Troposfera

A troposfera alcanza os 12 km de altura. Nesta capa prodúcense os distintos fenómenos atmosféricos que definen cada clima: precipitacións, nubes... É a capa que contén a inmensa maioría dos gases e do vapor de auga. A temperatura descende coa altitude.

Estratosfera

A estratosfera vai dende os 12 ata os 50 km de altura. Contén a capa de ozono, que é un gas que filtra parte das radiacións ultravioletas do sol, xa que poden ser prexudiciais para a nosa saúde. A temperatura ascende coa altitude.

Mesosfera

 A mesosfera esténdese dende os 50 ata os 80 km. Esta capa, na que se rexistran temperaturas moi baixas, funciona coma un auténtico escudo contra os meteoritos.

Termosfera

A termosfera sitúase entre os 80 e os 500 km. A temperatura aumenta coa altitude e pode sobrepasar os 1000°. Nesta capa teñen lugar as auroras boreais.

Exosfera

A exosfera desenvólvese partir dos 500 km e chega ata os 10.000 km. Dá paso ao espazo interplanetario.

CAPAS DA ATMOSFERA
Gráfico no que se reseñan as capas da atmosfera

Lectura facilitada

A atmosfera é unha capa gasosa que envolve a Terra.

A atmosfera está formada por diferentes gases.

O gas máis importante é o nitróxeno.

Sen atmosfera non podería haber vida na Terra.

A atmosfera divídese en 5 capas diferentes.

A capa que máis nos inflúe é a troposfera.

Lista desordenada

Empregando as frechas, pon en orde as capas da atmosfera. Comeza pola máis próxima á superficie terrestre e remata coa máis afastada:

  • TROPOSFERA
  • ESTRATOSFERA
  • MESOSFERA
  • TERMOSFERA
  • EXOSFERA

Comprobar

Correcto!

202442064718-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)